Curso 2011/12

AS ORDES DO MECOFACHO 2012

Se non queres tropezar as ordes do "Mecofacho" debes acatar.

Orde para o luns:

"Se neste Entroido en forma queres estar,

fai moito deporte e, non esquezas,

unha gorra levar"                                                                                        

Orde para o martes: 

"Unha medalla levarás e Olímpic@ serás"     

 

Orde para o mércores:

"Unha camiseta traerás do deporte que ti elixirás"

 

Orde para o xoves:

"Coa túa imaxinación e un antifaz olímpico...

molarás mogollón" 


Día da Paz-2012

O luns 30 de xaneiro celebramos "O DÍA DA PAZ" coas Olimpiadas como actividade significativa da CONVIVENCIA. Aquí tedes as fotos.

EN 5 ANOS IMOS A LONDRES 2012

Como ben sabedes este ano estamos a traballar os xogos olímpicos; pero en 5 anos quixemos saber un pouco máis da cidade onde se van a desenvolver. Para empezar deixámosvos unhas fotos dos elementos máis característicos da cidade: un taxi, un autobús e unha cabina de teléfono.

Andando un pouco pola cidade atopámosnos cunha garda real un tanto especial.

Máis adiante encontramos o BIG BEN,  cun reloxo fermosísimo.

E visitamos a London Eye

 


Proxecto Documental: "Os Xogos Olímpicos"

 

Se clicas na imaxe poderás ver o Proxecto Documental "Os Xogos Olímpicos.

 

PLANTAS AROMÁTICAS

O venres 13 de xaneiro o alumnado de 1º estivemos no horto. Os nenos e nenas de 5º preparáronnos o bancal.

Plantamos : menta, salvia, romero e lavanda. Fixemos 8 buratos, regamos e logo puxemos as plantas.

Agardamos que medren moito e mentres tanto nós imos investigar sobre plantas aromáticas.

Se pinchades na 1ª imaxe poderedes ver o album completo.

 

Calendario 2012 Mestres Goldar

sentímolo, flash non está dispoñible.

Decorando o noso cole

Aquí teden algúns dos traballos do noso alumnado para estas datas.

 

EXPOSICIÓN-COLOQUIO SOBRE A ENERXÍA

 

 

Na Semana da Ciencia o alumnado de Terceiro Ciclo de Primaria asistimos no noso colexio a unha exposición-coloquio sobre a enerxía, as súas formas, as fontes de enerxía renovables e non renovables, a repercusión que ten o uso irresponsable no cambio climático, que podemos facer cadaquén de nós para evitar o esgotamento dos recursos...
Coa axuda dunhas imaxes preciosas, Alicia foinos explicando cada punto do tema e nós tiñamos que responderlle a unhas preguntas ensinándolle unha ou outra cara dunha ficha que nos dera anteriormente.
Tamén nos permitiu facerlle varias consultas e comentarios.
Ademais de coñecer máis sobre o tema, saímos con moita máis preocupación polo medio ambiente e o seu coidado: máis ecoloxistas.


Distribuir contido