Curso 2011/12

Obradoiro Hábitos saudables

    Os nenos e nenas de 1º de EP asistiron o 2 de novembro a un obradoiro de hábitos saudables do Club Vitaminas, promovido pola empresa de alimentación Frutas Nieves.  

O pasamos xenial e aprendemos moitas cousas:

* Recibimos información sobre os beneficios da froita.

* Xogamos a buscar semellanzas entre as froitas e os órganos do corpo.

* Elaboramos e degustamos deliciosas brochetas de froitas (kiwi, melón, mandarina e uvas).

Deixámosvos unhas cantas fotos para que tamén vos animedes a facer brochetas de froita e así sexades os campións da boa alimentación.


 

Os de PRIMEIRO RECOLLEMOS PEMENTOS

Despois duns cantos meses sen escribir neste apartado, volvemos estar aquí de novo os de 5 anos, pero XA SOMOS DE PRIMEIRO e tedes que ver como medramos !

Estivemos recollendo os pementos que plantamos e a verdade é que había moitos. Eran de cor verde e vermello. Todos levamos algúns para casa.

Dentro duns días teremos que pensar que imos facer "co noso bancal", xa haberá que preparalo para poder seguir traballando nel.Agardamos que as profes nos axuden para volver ter moitos froitos.

Deixámosvos unhas fotos para que vexades como medramos e cantos pementos recollemos.

 



Distribuir contido