Curso 2011/12

FESTIVAL DE INVERNO

Se queres ver as fotos pincha na imaxe

 

O Paxe Real visítanos

Que sorte! O Paxe Real veu ao noso cole, levou os nosos desexos e deixou moreas de caramelos.

CURSIÑO EN MADRID

 OLA A TODOS:

NO MES DE NOVEMBRO VARIAS PROFES DESTE COLE TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE PARTICIPAR NO CONGRESO INTERNACIONAL "O PROCESO LECTOESCRITOR PARA FAVORECER A COMPRENSIÓN LECTORA"

A QUE NON SABEDES QUEN FOI UN DOS POÑENTES...? POIS NADA MAIS E NADA MENOS QUE FRANCESCO TONUCCI: FRATTO!!! XENIAL!!!

FÍXONOS UN DEDUXO PARA O NOSO COLE


 

A GALERÍA DE 5 ANOS

 

 

 

 

SE QUERES VER MÁIS PINCHA NAS FOTOS

COUSAS DAS NOSAS ÁRBORES

Para saber algunhas cousiñas das árbores do colexio fai "click" na foto

 

PREPARANDO O NOSO HORTO

O alumnado de Quinto comezamos a preparar o noso horto para este curso:

- eliminamos malas herbas

- recollemos restos dos cultivos anteriores

- e ata tivemos que apañar plásticos, papeis e outros restos "pouco limpos" que atopamos por alí.

Como temos composteira as malas herbas e os restos aproveitámolos para elaborar compost.

COCIÑAMOS POLO SAMAÍN

 

Na aula de 5 anos fixemos unha receita de cociña. Estes son os ingredientes:

Este foi o proceso:

Este foi o resultado:

O Magosto

O xoves 10 celebramos o Magosto, xogamos e comemos castañas. Aquí tedes as fotos.

OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN

O mércores 9 fixemos unha pizza. Canto aprendemos e que ben o pasamos !

  • Vimos e ulimos os ingredientes.
  • Falamos dos alimentos de orixe vexetal e animal.
  • Descubrimos de onde procedía a  Mozzarella.
  • Fixemos nós mesmos a pizza poñendo todos os ingredientes e logo a metemos no forno.
  • Comemos a pizza no recreo e que boísima estaba!

Deixámosvos unhas cantas fotos para que vexades todo o proceso.

 

CUMPRINDO ANOS NA AULA DE 6º EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS)

No mes de decembro cumpriu anos... NOA G.

 

No mes de novembro cumpriron anos RAÚL e ALEJANDRO.

 


 

No mes de outubro cumpriron anos NOA FERNÁNDEZ  e NEREA.

 


Distribuir contido