BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

Visita ao porto de Vigo

O pasado 18 de novembro os nenos e nenas de 6º visitaron o porto pesqueiro de Vigo. Durante a visita puidemos coñecer a lonxa de altura (con peixes espada enormes! e unha chea de quenllas recén pescadas) e os viveiros. Visitamos tamén as instalacións de varias empresas e puidemos botar unha ollada aos viveiros. Algúns dos seus habitantes aparecen nesta serie de fotografías. Que se repita!!!

Visita ao porto de Vigo

Magosto no Mosteiro I

Chegou o outono e con el chegaron as castañas a Mosteiro. O pasado luns os nenos e nenas do colexio celebraron coas profas (e os profes tamén) un bonito magosto nun precioso día de outono. O sol luciu con ganas, tantas coma as que tiveron todos de meterlle os dentes ás castañas. Comimos, xogamos, corremos e pasamos un estupendo día distinto e o máis importante, ¡todos xuntos!

Magosto no Mosteiro I

Outono en Mosteiro

Outono en Mosteiro

PIRIMPIMPIM ENERXÉTICO

Xa podedes ver o vídeo que prometín subiros do PIRIMPIMPIM ENERXÉTICO en actividades complementarias.

http://divermosteiro.blogspot.com.es/2013/07/pirimpimpim-enerxetico_22.html

REUNIÓN ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

O vindeiro xoves 20 de xuño ás 18:00 horas, realizaremos unha reunión de pais/nais do novo alumnado para o curso 2013-14.

Nesta primeira reunión proporcionaremos información xeral do centro, presentaremos o equipo docente, trataremos algúns aspectos a ter en conta no verán e falaremos do período de adaptación do mes de setembro. Finalmente realizaremos unha visita guiada polo centro e aclararemos posibles dúbidas.

Por tratarse dunha nova etapa que comezamos xuntos, é importante ter esta primeira toma de contacto entre adultos para coñecernos mellor, polo que rogamos que acudades a reunión sen nenos/as. GRAZAS.

DOCUMENTACIÓN MATRICULA 20-30 DE XUÑO

-IMPRESOS A RECOLLER NO COLEXIO.


-CERTIFICADO MÉDICO


-4 FOTOS


-FOTOCOPIA CARTILLA SEGURIDADE SOCIAL.

LISTAS PROVISIONAIS MATRÍCULA 2013-14

FORON ADMITIDAS TODALAS SOLICITUDES PRESENTADAS NO CENTRO PARA O CURSO 2013-14.


ANTES DO 31 DE MAIO PUBLICAREMOS AS LISTAXES DEFINITIVAS. 

EXPOSICIÓN LITERARIA

 

 


Os días 9,10,11 e 12 de abril, celébramos na nosa biblioteca unha exposición literaria coas últimas novidades de diferentes editoriais.

Podedes visitar a exposición e lerlles aos vosos fillos ou netos en horario de 16:00 a 17:30

MATRICULACIÓN 2013-14

 

 

DATAS DO PROCESO DE MATRICULACIÓN

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES……….............. 5-17 de ABRIL

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS…… 10 DE MAIO

 

PUBLICACIÓN DE VACANTES……………………....4 DE  ABRIL

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS………31 DE MAIO

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ……………….20 – 30 DE XUÑO

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO CENTRO

 

-SOLICITUDE BEN CUMPRIMENTADA E ASINADA

-LIBRO DE FAMILIA

-CERTIFICADO DO PADRÓN

-Outros certificados no caso de familia numerosa,discapacidade e separación .

HORARIO DE SECRETARÍA

 

DE LUNS A VENRES : De 9 a 9:50 e de 13:30 a 14 h.

MARTES: DE 5 A 6 h

 

 

 

 

PROXECCTO AFORRO ENERXÉTICO

Nos vindeiremos días colocaremos, no blog de actividades complementarias, toda a informacion e fotos referentes o gran proxecto levado a cabo neste segundo trimestre: O AFORRO ENERXÉTICO.

Lémonos no blog de actividades complementarias.

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo