BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

MATRICULA 2013-2014

Estamos á espera da nova normativa para a admisión do alumnado cara o próximo curso.

Comunicarémola no momento da súa publicación.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Semana do luns 18 ata o venres 22:

LUNS,MÉRCORES E VENRES :DE 13H-14H

MARTES E XOVES:DE 17H-18H.

NORABOA CAMPIONAS

O pasado fin de semana, varias alumnas do noso colexio quedaron campionas galegas de cross na modalidade de campo a través.

Noraboa, o esforzo mereceu a pena.

XA PASOU O ENTROIDO POLO MOSTEIRO

Xa pasou o entroido polo colexio e nos deixou unha semana cargada coas ordes do meco, a festa rachada no colexio e o pasarrúas pola parroquia.

Nos vindeiros días vos deixamos as fotos no blog de actividades complementarias.

Chegou o Nadal a Mosteiro!

O colexio encheuse de ledicia e nerviosismo coa chegada do Nadal. Os nosos corredores e clases mostran as nosas creacións artísticas e unha fermosa árbore cos adornos feitos por tódalas familias dan, na entrada do colexio,  a benvida a esta época do ano.

Dámosvos as grazas pola vosa colaboración.

 

Bo Nadal!!!

Esta é a fermosa árbore deste ano

PROCEDEMENTO ELECTORAL DO CONSELLO ESCOLAR

O vindeiro martes día 27 de novembro celebraranse as votacións dos Pais/Nais do alumnado deste Centro para renovar parcialmente o Consello Escolar.

            Pola importancia que estas eleccións teñen para o colexio, permítame animalo/a a que participe co seu dereito a voto na xestión do centro do que os seus fillos e/ou fillas son alumnos/as.

POSTOS A RENOVAR

2

ELECTORES

Tanto o pai como a nai (de ser o caso os titores legais)

HORARIO DE VOTACIÓN

De         8:45              a          10:15 hora

   De       13:30               a          14:15 horas

  De       16:00               a          18:00 horas

MECÁNICA DA VOTACIÓN

· A mesa electoral estará emprazada na entrada do centro.

· O voto será directo, secreto e non delegable.

· Cada elector/a, que deberá acreditar a súa personalidade mediante presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo, sinalará na súa papeleta, como máximo, o nome de un candidato/a.

CANDIDATOS

 

·         D Joaquín López Martínez

·         Dª Encarna Fernández Freire

·         D Felipe Domínguez Presa

 

LEXISLACIÓN APLICABLE

·         Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG do 29)

·         Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto)

·         Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21)

·         Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26)

 

A Directora

 

Nota: Os membros integrantes da Xunta Electoral, das Mesas Electorais e os electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas electorais seralles de aplicación o artigo 70.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio (DOG do 1 de xuño)

Funcións das comisións de pais e nais

A comunidade educativa do CEIP Mosteiro Bembrive leva a cabo numerosas actividades ao longo do ano de xeito paralelo á activi- dade lectiva, para o que se organiza nas seguintes comisións:

✔︎ Comisión de aniversarios

 ✔︎ Comisión de biblioteca 

✔︎ Escola de familias

✔︎ Comisión das colonias

A participación nas comisións é voluntaria. O grao de implicación dependerá sempre da dispoñibilidade de cadaquén.

No documento adxunto podedes ver as funcións das comisións de familias.

O Anaco Número 54 edición xuño 2012

Xa está connosco o último número da nosa revista O Anaco.
Disfrutádea.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Xa tedes imaxes do festival das letras galegas no blogue de actividades complementarias. Esperamos que vos guste.

Benvida

     

Benvidos á web do centro CEIP MOSTEIRO BEMBRIVE.

O CEIP MOSTEIRO BEMBRIVE de Vigo é un centro público de ensino dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, onde se ofertan as ensinanzas de educación infantil e primaria.

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo