DÍA DO LIBRO

O pasado venres 28 de abril celebramos o Día do Libro no colexio co 2º troco de libros, organizado pola ANPA e coa participación dos/as rapaces e rapazas que quixeron renovar as súas bibliotecas...

Queremos agradecer especialmente ás familias que acolleron esta iniciativa axudando ós nenos e ás nenas na elección dos libros e impulsando a participación, tanto no troco coma no concurso de foto-libro. Encantáronnos as propostas, cheas de creatividade e colorido. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do evento... 

Parabéns ós/ás gañadores/as e sobre todo bravo pola participación!!!

Antes de rematar, agradecerlle tamén ao colexio que sempre nos axuda a levar adiante estas actividades, entre outras cousas, facendo o difícil papel de xurado nos concursos e ocupándose da difusión.

 

AdxuntoTamaño
anpa_dia_libro_23.jpg1.88 MB