FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2016-17

Con data 16 de maio de 2016, publicouse a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e onde se convocan as axudas para a adquisición dos libros de texto e material escolar para o curso 2016-17, para todo o alumnado de centros sostidos con fondos públicos.

O FONDO SOLIDARIO está vixente nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, e 1º e 3º da ESO para o vindeiro curso.

As AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO están destinadas ao alumnado que curse 1º ou 2º de Primaria, e 2º e 4º da ESO no curso 2016-17.

As AXUDAS PARA MATERIAL son para o alumnado de todos os cursos que cumpran as condicións fixadas na devandita orde.

Podedes consultar as bases e a convocatoria no portal da Consellería,

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

ou no DOGA correspondente

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160516_axudas_libros.pdf

As instancias pódense recoller no centro (unha por cada alumno/a) ou descargar no

enderezo http://edu.xunta.es e presentaranse no centro de novo xunto co resto da documentación para a súa tramitación.

O prazo para presentalas  é do 18 de maio ata o 23 de xuño , aínda que para axilizar os trámites e poder entregar os vales correpondentes canto antes pregámoslles as entreguen na Secretaría do centro  o máis pronto posible neste mes de maio , en horario de 12:15 a 13:05 horas .

O alumnado que o vindeiro curso 2016-2017 curse 1º e 2º de primaria pode solicitar axudas para libros e para material . Os que cursen 3º e 4º poden solicitar participar no fondo solidario e tamén poden pedir a axuda para material . Por último , os/as alumnos/as que vaian cursar 5º e 6º soamente poden solicitar axudas para material , pois ao estar no proxecto EDIXGAL non precisan libros de texto .

 

CONTÍA DAS AXUDAS 

Adquisición de libros de texto:

Renda per cápita familiar ata 5.400 € : 170 €

Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 € : 90 €

Adquisición de material escolar:

Renda per cápita familiar ata 5.400 € : 50 €

 

A renda per cápita familiar é a suma das casillas 430 e a 445 da declaración de 2014 de cada membro computable dividida entre o nº de membros da familia.

DOCUMENTACIÓN a presentar con validez na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

·        

SOLICITUDE

·        

Copia da seguinte documentación:

  • Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

     Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, o día 31 de     

     decembro de 2014, non coincide coa reflectida no libro terá que presentarse

    documento ou documentos que acrediten os membros da unidade familiar, tales como:

   - Orixinal ou copia compulsada da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou   

      o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

   - Certificado ou volante de convivencia.

   - Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

  • No caso de discapacidade do/a alumno/a, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse copia compulsada de un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia o 31 de decembro de 2014:

   - Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha

      porcentaxe igual ou superior ao 33%.

        -  Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de

           incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou

        -  Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha

           pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou

           inutilidade.

 

Artigo 14. Obrigas dos beneficiarios

A concesión da axuda comporta as seguintes obrigas:

a) Seguir as directrices que marca a orde da convocatoria e destinar o importe da axuda na súa integridade á adquisición dos libros de texto e de material escolar propios do curso académico para o que se solicitou a axuda, segundo a relación que, para tal efecto, teña publicado o centro onde estea matriculado o alumnado.

b) Cooperar coa Administración educativa en cantas actividades de inspección e verifi­cación leven a cabo, para asegurar o correcto destino da axuda.

c) As establecidas para os beneficiarios no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

d) Conservar en bo estado os libros de texto adquiridos con cargo ao importe das axu­das, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2016/17 (xuño ou setembro, se­gundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros), que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos  como medida que favoreza o establecemento dun sistema de socialización do seu uso.

 

(Exclúese desta obriga o alumnado beneficiario de 1º e 2º de primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, nos casos en que o material adquirido con cargo a axuda non poida ser reutilizado).

16 MAIO, DÍA NON LECTIVO

Lembramos ás familias do centro, que o luns 16 de maio de 2016 NON É LECTIVO, neste centro educativo.

As clases reanudaranse o próximo mércores  18 de maio.

 

 

INÍCIASE O PROCESO INFORMATIVO PARA XORNADA CONTINUA NO CURSO 2016/2017

 

Hoxe, día 13 de Maio chegou ao colexio a notificación do servizo de transportes da Consellería de Educación sobre a viabilidade da xornada continua para o vindeiro curso.

Das dúas opcións que se propuxeron, só unha delas foi autorizada e cunha variante, que explicaremos proximamente, e que aquí se detalla.

O horario de cara á xornada continua quedaría do seguinte xeito:

Luns, mércores, xoves e venres:  de 9:30 a 14:30 a xornada lectiva.

                                                             de 14:30 a 15:30 o comedor coa saída do transporte.

 

* A variante que explicaremos proximamente, en vindeiras reunións,  é a seguinte:

Os martes, a xornada lectiva, como o resto dos días, sería de  9:30 a 14:30 pero o transporte, despois do comedor, non sairía ata as 16:15, por coincidir o horario co transporte dos institutos.

 

O paso previo á votación das familias, para decidir se seguimos co horario actual ou se cambia a este proposto, é abrir un mes de información para posteriormente efectuar dita votación.

Nos vindeiros días, tanto ANPA como colexio explicarán esta proposta de horario e as variantes de cara ao vindeiro curso (actividades extraescolares, comedor, etc.) en reunións informativas convocadas a tal efecto.

 

Polo tanto, a partir de hoxe venres 13 de maio de 2016, iníciase o prazo dun mes de información para poder efectuar a votación nas últimas semanas do curso actual. 

 

 

HOXE VISÍTANOS PAULA CARBALLEIRA

Hoxe, 21 de abril, dentro das celebracións do DÍA DO LIBRO no noso cole, contamos coa visita da escritora, contacontos e actriz galega Paula Carballeira.

Agardamos impacientes!

 

 

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNOS E ALUMNAS PARA O ANO: 2016/2017

1. Martínez Rodríguez, Celia ________________ S _________________18 puntos.

2. Bouza Piñón, Lía _______________________ S _________________ 17 puntos.

3. Arnoso Anca, Xoel _____________________ S __________________ 14 puntos.

4. Pérez Gabeiras, Xandre _________________ S ___________________  7 puntos.

BRINQUEDOS NA UCS (Universidade de Santiago de Compostela)

 

 

 

O NOSO PROXECTO DE XOGOS

 O venres 15 de Abril de 2016 o noso colexio presentará o proxecto Brinquedos na Universidade de

Santiago. Será na Facultade de Ciencias da Educación, a partires das 18,30 horas.

 

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2016/2017

 ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN

 

 

DESDE O DÍA            1 DE MARZO

 

ATA O DÍA                29 DE MARZO

 

 

 Poden recoller a documentación na secretaría do Centro de luns a venres de 12 a 13 h.

 

          Máis información do decreto de admisión e intrucións da consellería no taboleiro interior do Colexio.                                                                

 

                                               A Capela, 17 de febreiro de 2016

 

    (adxúntanse arquivos para descargar directamente dende a páxina)

Distribuir contido