ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024

 

O día 1 de marzo de 2023 abre o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2023/2024. Para máis información poden consultar a Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro que regula o procedemento de admisión do alumnado. 

 

 

ENTROIDO

O pasado venres celebramos o entroido no cole. Tivemos a actuación de Pakolas co espectáculo "Ramona Órbita", cantamos, bailamos... PaSáMoLo XeNiAl!! A continuación fixemos un desfile polas rúas da Capela, enchéndoas de cor e alegría... que ben o pasamos e canto nos gusta o Entroido!!

 

Preme na ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/a-capela/2023/02/27/capela-carnaval-ceip-mosteiro-caaveiro/0003_202302F27C69977.htm

 

PROTEXE AO MEDIO AMBIENTE

 

LEMBRADE depositar as pilas nos contenedores habilitados para este tipo de residuos.

 

CLASIFICACIÓN: Quilos recollidos por centro

                              Quilos recollidos por alumno/a

FORMACIÓN DO PROFESORADO

O claustro do noso cole continúa formándose en Disciplina Positiva e Metodoloxías Activas, co obxectivo de seguir ofrecendo unha educación de calidade ao noso alumnado. 

Aprendendo da man dunha das mellores: Laura Adela Fernández

#equipo#formacióndoprofesorado#educacióndecalidade

9 DE DECEMBRO - DÍA NON LECTIVO

 

Lembramos que o vindeiro venres 9 de decembro será día non lectivo elixido polo centro, polo tanto non haberá clase. Deste xeito, a actividade lectiva reanudarase o luns 12 de decembro.

Distribuir contido