FORMACIÓN MESTRES/AS

O pasado venres 25 de marzo, a Coordinadora do Equipo de Biblioteca do noso cole, desprazouse ata o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, para asistir aos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2021/2022, nos cales interviron persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, o patrimonio inmaterial. Ademais, presentáronse experiencias de centros de diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, radio na biblio, biblioteca inclusiva, voluntariado e outros... ). 

Ademais desta formación o claustro asistiu a varias sesións presencias e por videoconferencia sobre a metodoloxía de ABP "Aprendizaxe baseada en proxectos" e Disciplina Positiva da man dunha das mellores mestras de España: Alicia Tojeiro. Toda unha honra e un privilexio para nós poder aprender da mellor. 

ENTROIDO 2022

 

FELIZ ENTROIDO!

Preme na ligazón: https://youtu.be/9QOGAYnFLPc

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

SE QUERES MATRICULAR Ó/Á TEU FILLO/A NA NOSA ESCOLA

VEN A COÑECERNOS!

UN DESEXO SOLIDARIO

 

Onte, luns 31 de xaneiro, o alumnado de sexto de educación primaria fixo entrega ao Concello de A Capela dos alimentos que a Comunidade Educativa aportou o Día da Paz para cumprir o noso desexo solidario. Esta proposta ten como principal obxectivo, ademais de moitos outros, concienciar ao alumnado da situación de vulnerabilidade na que se atopan moitas familias a diario e que con axuda todo é máis doado.

Grazas a todas as familias por participar e tamén ao

Concello de A Capela por colaborar coa nosa iniciativa.

RECICLA CON ENERXÍA!

 

LEMBRADE que as pilas non se tiran ao lixo. Hai que depositalas nos contenedores específicos para o seu correcto tratamento.

#pilabot#reciclaconenerxía

 

Podedes consultar os informes finais premendo nas ligazóns:

- Quilos totais recollidos por centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteirocaaveiro/system/files/Pilabot_categoriaA.pdf

- Quilos totais recollidos por alumno/a: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteirocaaveiro/system/files/Pilabot3_categoriaB.pdf  

 

Distribuir contido