E TI, A QUE XOGABAS?

No xornal La Voz de Galicia publicado no día de onte, recóllense no suplemento "El comarcal" os testimonios de mestres e mestras da comarca lembrando a que se xogaba nos seus anos mozos. Entre outros, Xabier e Secundino, principais "culpables" da creación do  noso Centro de Interpretación. Confiamos que cando superemos esta etapa tan difícil que estamos a atravesar  poidamos continuar ensinando e aprendendo os xogos de sempre e que tamén poidamos compartilos con todos e todas os/as  que nos queiran visitar. 

"Un pobo que argalla, que enreda e xoga é un pobo feliz" 

RESULTADO DAS VOTACIÓNS DOS REPRESENTANTES DOS PAIS E NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

Hoxe, luns 22 de novembro, celebráronse as votacións para a elección dos representantes de pais e nais no Consello Escolar. Os resultados das mesmas foron os seguintes:

  • Jéssica López Bouza - 7 votos
  • Montserrat Sobredo Arnoso - 9 votos

CENTRO ADMITIDO NOS CONTRATOS-PROGRAMA INCLÚE

O noso cole foi admitido nos Contratos-Programa Inclúe, da Consellería de Educación, para fomentar unha mellora da convivencia e xerar un clima de seguridade, respecto e confianza entre o alumnado.

VOTACIÓNS PARA A ELECCIÓN DE PAIS E NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

 

As candidaturas de pais/nais para elexir representante no Consello Escolar son as seguintes:

        - Jéssica López Bouza

        - Montserrat Sobredo Arnoso

 

As votacións terán lugar o luns 22 de novembro de 15:30h a 17:30 h.

DÍA DO PEÓN 2021

 

O xoves , 11 de Novembro de 2021, celebrarase unha nova edición do Día do Peón. Esta actividade está convocada (a nivel galego e tamén doutras partes de España) por Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional.

Ese día tamén o celebraremos na nosa escola, onde leremos o Manifesto, bailaremos a canción “Fago o camiño”, haberá unha demostración de habilidades que se poden realizar cos peóns e cos bailaretes e … como non, os peóns bailarán e bailarán.

Candidaturas ao Consello Escolar

Comunicamos que está aberto o prazo para a presentación de candidaturas para membros do Consello Escolar. 

Os/as pais/nais interesados en presentarse poden recoller o impreso correspondente na Secretaría do Centro.

O prazo está aberto ata o 11 de novembro de 2021.

Lembramos que a data da votación será o luns 22 de novembro de 2021 de 15:30h a 17:30h.

 

COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA PARA O CURSO 2021/2022

 

Mañá, martes 2 de novembro, dan comezo as actividades extraescolares organizadas pola ANPA deste centro.

Formáronse grupos para Patinaxe e Multideporte. O horario das actividades é o seguinte:

  • Luns: Patinaxe (15:30h a 17:00h).
  • Martes: Patinaxe (15:30h a 17:00h).
  • Xoves: Multideporte (15:30h a 17:00h).

 

SAMAÍN

 

Creatividade, imaxinación...

Así de espectaculares quedaron as cabazas este Samaín.

Gran traballo de todas as familias!

11 de outubro - Día do Ensino

 

Lembramos que o próximo luns 11 é o día Día do Ensino, polo tanto non haberá clase ata o mércores 13 de outubro.

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2021/2022

 

Mañá, xoves 9 de setembro, comezarán as clases no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro.

 O horario escolar é o seguinte:

- 9:30h a 14:30h xornada lectiva.

- 14:30h a 15:30h comedor escolar.

- 15:30h saída do transporte (Todos os días).

Lembrade que o alumnado de 4º de Infantil (3 anos), conforme á lei, iniciará o período de adaptación seguindo as indicacións feitas pola titora na reunión coas familias. 

Recomendamos que os nenos e nenas traian unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.

*NOTA: A empresa concesionaria de transporte comunica que os horarios dos autobuses non sufriron ningún tipo de modificación.

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CURSO 2021/2022

PLAN DE CONTINXENCIA

CHECKLIST BAÑOS E AULAS

AUSENCIAS ALUMNADO E PROFESORADO

 

Distribuir contido