Día das Letras Galegas

 

Este ano, o Día das Letras Galegas adícaselle a Xela Arias e dende o cole quixemos homenaxear a esta escritora, traductora, editora, profesora e defensora da nosa lingua con este fermoso mural.


Xela Arias

 

Covid-19

 

Comunicámoslles que se confirmou un novo caso da Covid-19 no noso centro .

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas realizouse un estudo dos contactos próximos, cos cales xa contactou o Centro de Seguimento de Contactos indicándolles as pautas que deben seguir nos próximos días.

O resto da comunidade educativa pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.

Poden atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS3.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2021/2022, informamos que todo o alumnado que solicitiou praza no noso centro está admitido. 

Lembramos que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.

MATRICÚLATE NO NOSO COLE!

 

Preme na ligazón:https://youtu.be/6gjh6Yi0hEI 

 

    

 

ENTROIDO 2021

 

Este venres celebramos no cole a festa de Entroido. Foi un pouco diferente xa que por mor da Covid non puidemos festexar este día coas familias pero acompañáronnos Circus Magnificus e moita música e bailes... Pasámolo xenial!

Grazas a Anpa pola súa colaboración. 

Preme na ligazón: https://youtu.be/J05RQsrfAfc

 

FELIZ ENTROIDO!

 

Día da Paz

Hoxe conmemoramos no cole, como cada 30 de xaneiro, o Día Internacional da Paz e da Non Violencia. 

 

Preme na ligazón: https://youtu.be/hC1lLxVe_Is

VISITA DOS REIS MAGOS

 

Hoxe recibimos unha visita moi especial e agardada para os nosos nenos e nenas:

OS REIS MAGOS DE ORIENTE!

Preme na ligazón: https://youtu.be/tVo8wLf4_WU

Distribuir contido