Taller científico de abril

  A ANPA do CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro ven de organizar con moita ilusión estes "Talleres de lectura" , cada un deles cunha temática distinta . Neles os nenos e nenas participantes convértense en lectores e lectoras protagonistas e "chiquiartistas", porque a lectura e a arte van vencellados á creatividade e á diversión . Seguiremos organizando máis talleres ao longo de maio e xuño . Esperámosvos!!!

Os vídeos son un resumo moi breve da actividade de lectura pero os nenos e nenas seguro que levan unha experiencia moi positiva que lembrarán sempre , ou iso agardamos pois así será para esta ANPA .

UN SAÚDO A TODOS/AS!