Skip to main content

CURRÍCULO CEDEIRÉS

CASTRO SARRIDAL - PROXECTO PATRIMONIO INMATERIAL

O alumnado de 3º A (os Vagalumes) e de 1º de Bacherelato de Antropoloxía continúan Co seu proxecto sobre o Patrimonio Inmaterial. Nesta ocasión, as rapazas e rapaces de 6º C, inician aventura e participan no proxecto. Como todo en Galicia, comeza falando de comida, así que a gran pregunta era...É que comían os castrexos? Despois de moito investigar, reflexionar e sacar conclusións, deciden visitar o Castro Sarridal e resolver todas as dúbidas que aínda quedaran sen resolver.

As Bibliotecas Escolares estamos moi ledas e agradecidas pola participación brindada por María Xosé (Conselleira de Cultura, Licencia en Xeografía e Historia) por acompañarnos e brindar as primeiras documentacións, a Quique Vázquez por estar sempre activo e presente, a Emilio Ramil e ao seu equipo de arqueólogos e arqueólogas, que responderon as mil e unha preguntas dos pequenos e pequenas, ás familias por gozar e participar no traballo sacando ese neno/a que todos levamos dentro e en especial a Andy, o pai dunha alumna se encargou da parte técnica e fixo esta fermosa montaxe.

 

CRÓNICAS...ATALAIA DO MUSEO MARES DE CEDEIRA

Documental que recolle investigacións feitas na escola. Un traballo de etnografía adicado a tres sucesos que no seu tempo tinguiron de negro a vila de Cedeira.

A nosa memoria.

 

CURRÍCULO CEDEIRÉS - "De festas pola vila"

DENDE A BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA POTENCIAMOS A CREACIÓN DUN CURRÍCULO DA NOSA VILA, DE CEDEIRA.  CURRÍCULO QUE XA FIGURA NA LOMCE EN DIVERSOS ESTÁNDARES E QUE O ALUMNADO DEBE TRABALLAR. NESTE CASO É UN PROXECTO INTERCENTROS E INTERETAPAS, POIS ADEMÁIS DE PARTICIPAR O ALUMNADO DE 2º A DE PRIMARIA, NEL TAMÉN PARTICIPAN FAMILIAS E O ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 2º DE BACHERELATO DO I.E.S. PUNTA CANDIEIRA. ESTA É UNHA BREVE MOSTRA DO QUE LEVAN REALIZADO.

 

Distribuir contido