Skip to Content

                              

Blogues

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Por sexto ano consecutivo poñemos en marcha o concurso de Postais de Nadal.

Acó vos queda o texto da convocatoria.

Grazas por participar ,implicarvos e compartir :

 

MANIFESTACIÓN POLO 25 N

Hoxe , luns 27 , se o tempo o permite, imos facer unha camiñada ata o Concello e despois o alumnado de 4º lerá un pequeno manifesto.

Notificamos ás familias e convidámolas a unirse anós.

Acó tedes toda a información:

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO. Na páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares están recollidos diversos materiais para traballar durante este mes así podedes atopar diversos materiais e contidos sobre ciencia en galego e tamén  o MANIFESTO elaborado por Elena Vázquez Cendón , do que reproducimos aquí un pequeno anaco:

 

"A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas".
 
Elena Vázquez Cendón
 
 
 

A nivel centro, propuxemoslle ao alumnado de ED. Primaria que investigasen e  preparasen experimentos ( a poder ser relacionados cos alimentos , xa que imos na liña do noso PDI deste curso:  XUVE SAUDABLE) para facer a demostración dos mesmos  ao  resto do alumnado.

Así, esta semana a "hora de ler" desenvolveuse dun xeito diferente: cada día un dos ciclos realizou os seus experimentos en dúas quendas para que o puidesen observar o resto do alumnado Un grupo fíxoo no patio "tapado " novo e o outro no patio , diante da nosa B.E. . 

E así dividimos ao alumnado en 2 grupos que rotaron polos mesmos.

 

Foi unha actividade moi interesante , na que o alumnado buscou, experimentou e despois expuso diante do resto o que aprendeu . 

 

Queremos agradecer ás titoras de ED. Primaria o traballo de investigación e coordinación que supuxo, para dar lugar a uns experimentos moi interesantes.

 

Adxuntamos a infografía en formato PDF para poder vela cunha maior calidade

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO. Na páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares están recollidos diversos materiais para traballar durante este mes.

A nivel centro, propuxemoslle ao alumnado de ED. Primaria que preparasen experimentos ( a poder ser relacionados cos alimentos , xa que imos na liña do noso XUVE SAUDABLE) para facer ao  resto do alumnado.

Así, esta semana a "hora de ler" desenvolveuse dun xeito diferente: cada día un dos ciclos realizou os seus experimentos en dúas quendas para que o puidesen observar o resto . 

E así dividimos ao alumnado en 2 grupos que rotaron polos mesmos.

Foi unha actividade moi interesante, na que o alumnado buscou, experimentou e despois expuso diante do resto.

Queremos agradecer ás titoras de ED. Primaria o traballo de investigación e coordinación que supuxo, para dar lugar a uns experimentos moi interesantes.

Adxuntamos a infografía en PDF para unha maior calidade da mesma .

 

Máis contidos infantís e xuvenís en galego na televisión

 

MÁIS CONTIDOS INFANTÍS E XUVENÍS EN GALEGO NA TELEVISIÓN

 

 

 

 

O CEIP Xuvencos de Boborás apoia a Iniciativa Xabarín, lanzada por A Mesa pola Normalización Lingüística, reclamando contidos infantís e xuvenís en galego nas televisións públicas.

 

Polo cumprimento dos acordos: contidos infantís e xuvenís en galego na televisión.

 

 

Máis información en Xabarín Xa!

 

Podes

asinar a campaña fisicamente no noso centro ou na tenda OZOCOgz de O Carballiño, de luns a sábado.

 

Ou ben asinar a campaña online na seguinte LIGAZÓN

 

 

 

A dirección

 

 

 

 

 

En defensa da atención pediátrica en O Carballiño.

 

Dende o CEIP Xuvencos de Boborás, queremos trasladar o noso agradecemento e apoio á Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de O Carballiño, pola súa loita en relación ao deterioro actual da atención pediátrica na comarca de O Carballiño.

Como consecuencia, sumámonos a esta iniciativa de demanda do restablecemento do servizo de pediatría en toda a nosa comarca, habilitando no centro educativo un punto de recollida de firmas promovida pola plataforma.

A atención pediátrica é un servizo esencial e necesario en toda comunidade ou sociedade que se prece actual e comprometida coa conciliación familiar así como coa procura dun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social.

 

A dirección.

 

Actuación dos Bolechas no CEIP Xuvencos

 

 

O vindeiro martes 28 de novembro, ás 16.00 horas, teremos no CEIP Xuvencos unha actuación dos Bolechas.

Os Bolechas falan das familias é unha actuación que se desenvolve dentro do proxecto Facemos Corresponsabilidade 2023 no marco do Plan Corresponsables, promovido pola Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) co financiamento do Ministerio de Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Destinado aos nenos e nenas en idade escolar e ás súas familias, a iniciativa pretende reforzar o concepto de diversidade familiar e da importancia do valor da corresponsabilidade tanto dentro da familia como no resto da sociedade. De forma lúdica e didáctica, os nenos e nenas poderán aprender sobre a aceptación e importancia da diversidade familiar, através dun conxunto de actividades como:

  • teatriño cun Bolecha monicreque 
  • video de Os Bolechas falan das familias
  • taller de xogo de preguntas e desafíos
  • coñecer a web interactiva de Os Bolechas falan das familias
  • agasallo de materiais didácticos a todos os nenos e nenas asistentes

 

A entrada é de balde e non é imprescindible ser alumno/a do colexio onde se celebran para poder asistir.

 

Cumprimenta este formulario de inscrición para que o teu neno ou nena poida desfrutar destas actividades.

 

 

 

MAGOSTO 2023

Viva o Magosto!!!!!

     O luns 13 de novembro, o alumnado e profesorado do CEIP Xuvencos celebramos o magosto. Bailamos e cantamos un montón e tamén comemos castañas e chourizos ben deliciosos. Aquí tedes un pequeno vídeo que resume o noso dia.

 

 

 

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS E PROFESORADO: CURSO 2023/24

O pasado xoves día 9 de Novembro tivemos a primeira reunión do Club de Lectura de familias e profesorado.

Este curso aumentamos o número de familias participantes , aínda que como pasa ás veces por diversos motivos, varias das novas incorporacións non puideron asistir.

Comezamos ás 16:00 horas na zona “maker” da nosa biblioteca.

O punto principal foi falar das nosas “Lecturas de Verán”, e houbo un pouco de todo, en xeral gustaron  pero tamén houbo algunha delas que non foi o interesante que se podía agardar, ou que a espectativa non se cumpriu...

 

 Falamos das lecturas posibles para este curso, e a idea de comezar cunha de Ledicia Costas, como fixemos os dous cursos anteriores, que casualmente acaba de sacar un libro de poesía: “Ultraluz”.

A poesía quizais non sexa o xénero máis popular no noso club, falamos de varias ideas para facer unha lectura compartida e reflexionar sobre o contido e compartir as nosas impresións. Tamén se falou de que as novas incorporacións lesen o primeiro libro que lemos no club: “Golpes de Luz” de Ledicia costas tamén e tamén falamos da seguinte lectura para todas.

 

Unha vez compartidas as nosas impresións sobre as lecturas de verán pasamos á tomar un café á sala de mestras e queremos agradecer a Bea e a María Luísa que aportaron parte da sobremesa.

 

Beatriz fíxonos 2 receitas dun libro de Receitas de Harry Potter: uns panciños de queixo moi saborosos e unhas galletas que estaban moi boas. Pola súa parte María Luisa deleitounos cun “brownie saudable” sen azucre e con fariña de avea que estaba espectacular. Finalizamos a reunión con varias ideas de lecturae postergamos a seguinte reunión para final de trimestre e xa coa nova lectura escollida xa máis de relax...

 

 

Realidade Aumentada

Na semana do 6 ao 10 de novembro o alumnado de 4º de Educación Primaria coñeceu a Realidade Aumentada.

Primeiro fixeron o seu propio Merge Cube en cartulina blanca. Despois descargamos na tablet as aplicacións Merge Object Viewer, Merge Explorer e Merge HoloGlobe.

A continuación accederon ao menú de ciencia no visor de obxectos e escolleron a colección de anatomía humana, onde puideron ver os diferentes aparellos e órganos que compoñen o corpo humano e observaron cómo os obxectos se animaban e cobraban vida.

Foi unha experiencia moi bonita e que repetiremos en vindeiros temas.

Aquí vos deixamos un video para que vexades o ben que o pasaron.

Distribuir contido


by Dr. Radut