AVATAR
O pasado día 9 de febreiro os alumnos e alumnas do C.E.I.P Nosa Señora de Xuvencos, así coma varios mestres e mestras do centro, acudimos ao mesmo corazón do Ribeiro para ver a última película do director de orixe canadense James Cameron. Estamos a falar de Avatar, a longametraxe de maior recadación na historia do cine. A proxección tivo lugar na sala “Novocine Leiro”, no concello que leva o mesmo nome. Esta sala é a única na provincia de Ourense dotada con sistema 3D. Nenos e maiores gozamos deste filme de ciencia-ficción que nos tivo pegadiños ás nosas cadeiras durante mais de dúas horas. Foi unha divertida mañá na que abraiados, contemplamos coma os personaxes parecían saíren da pantalla.