O mércores 12 de maio celebramos no pavillón Paco Chao do Carballiño a V edición do torneo de balonmán que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro.
Participamos no torneo os equipos dos colexios de Beariz, Boborás, Amoeiro e O Irixo e a competición tivo un formato de liguilla: xogamos todos os equipos contra todos. O xogo desenvolvido polos participantes foi de gran calidade, levándose o trofeo de campión os pupilos de Beariz nun partido trepidante ante o equipo de Amoeiro.
O resto de resutados e clasificación podédeslo ver na seguinte ligazón.
Podedes ver máis imaxes na galería do centro
Adxunto | Tamaño |
---|---|
balonman10.pdf | 211.61 KB |