Skip to Content

                              

Charla: "Que patio queremos". Proxecto TERRA

     Miudiño S.Coop.Galega, ven de celebrar unha charla co alumnado de 3º a 6º de primaria, onde reflexionamos sobre que patio queremos no noso colexio. Intentaron detectar os problemas que mais lles preocupa nese tempo de lecer e nese espazo e buscaron solucións e alternativas posibles.

      A cativada de hoxe en día ten cada vez menos oportunidades de elección, atopándonos cunha infancia cada vez máis dirixida en calquera ámbito da súa vida. Mais sendo, como son, suxeitos de dereito, é necesario darlles ferramentas, tempo e espazo para contribuíren coas súas opinións, desexos e necesidades á hora de intervir nese espazo común que é o patio da escola. Espazo que é maioritariamente empregado por nenas e nenos.

         Por outra banda, tampouco podemos esquecer a gran contribución ao seu desenvolvemento cognitivo, sendo a reflexión, a análise, a comparación de propostas, a toma de decisións, etc, grandes estimuladores das funcións executivas cerebrais, con beneficio tamén, a medio e longo prazo, na súa construción de identidade, ademais de xerar un vínculo fermoso tanto co espazo como coas persoas adultas que acompañan ese proceso.
        O obxectivo final deste obradoiro é dar voz e liberdade de pensamento para poder extraer unhas conclusións a plasmar no plano do espazo, mediante o emprego de diferentes ferramentas en función da idade das persoas participantes.

Aquí tedes un video resumindo esta actividade: 



blog | by Dr. Radut