Skip to Content

                              

O boteiro de Viana do Bolo

Do mesmo xeito que en Conso atopámonos como personaxe ao BOTEIRO. O seu traxe de costosísima realización ten na súa confección máis de mil metros de cinta; a máscara e o seu conxunto son de belo colorido. A máscara pesa varios quilos e está formada por unha pequena careta tallada en madeira que presenta un gran sorriso. Sen dúbida o que máis a caracteriza é a enorme figura xeométrica que se eleva da careta feita con cartón e arames recuberto de cintas de moitas cores. Semellante no conxunto e na forma ao Entroido de Conso ten gran afluencia. Nútrese dos pobos do Concello.

Folión, grandes bombos, sachos, gadañas, cornas, trespés, etc. resoan nas rúas da vila, maiormente o domingo gordo no que ten lugar o desfile de boteiro e carrozas. Remátase coa festa gastronómica da androlla, especial e infrecuente variedade culinaria das comarcas nororientais da provincia e sur do Bierzo. Esta festa congrega a un gran número de asistentes de toda a provincia. Común a todos os municipios limítrofes, entre os seus personaxes están tamén a mula, o peliqueiro, etc.



book | by Dr. Radut