Skip to Content

                              

A mázcara de Manzaneda

O Entroido consérvase de forma particular no súa parte oriental e con notable grado de pureza, experimentando actualmente un forte impulso. O personaxe principal é a MÁZCARA, outros personaxes son peliqueiro, mula e boi. O Entroido comeza tradicionalmente na festividade de San Amaro coa saída do folión como se dixo en Conso. Os días significativos son tamén os mesmos. Ten no entanto unha peculiaridade, as comparsas e os seus versos nos que se ridiculizan ou se enxalzan os aconteceres locais durante o transcurso do ano. Quizais o máis atractivo sexa a danza das máscaras que, "caxato" en man, bailan con gran elegancia. A danza ao estilo de bailes típicos, como a muiñeira, ten a súa entrada e saída.

En Manzaneda distínguese folión e foliada, esta última componse do folión, as mázcaras e a comparsa. Tamén se fai en ocasións a lectura do testamento. O martes de Entroido ten lugar a concentración de folións na vila, rematando nunha comida popular, como non, a base de porco.



book | by Dr. Radut