Álvaro Cunqueiro Mora naceu en Mondoñedo en 1911. Estudou Bacharelato en Lugo e despois Filosofía e Letras en Compostela. Promoveu a aparición de varias publicacións (Papel de color, Galiza, Editorial Un...) inseridas no ambiente vangardista da época.
Exerceu de mestre en Santa Marta de Ortigueira e de periodista en Vigo, Donostia e Madrid. Ingresou na Real Academia Galega en 1961, ano en que fixou a súa residencia na cidade olívica para traballar no xornal Faro de Vigo.
Entre as súas novelas destacan Merlín e familia e outras historias (1955), As crónicas do Sochantre (1956) e Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961) e libros de relatos como Xente de aquí e de acolá (1971). O seu extraordinario testamento poético ficou recollido baixo o título de Herba aquí ou acolá (1980).
Vídeo documental de TVE sobre Álvaro Cunqueiro.
Para coñecer un pouco máis sobre a vida e obra de Alvaro Cunqueiro lede este traballo do alumnado do IES Agra de Leborís: