Articles

O SKATEBOARDING

O programa de radio desta semana profundiza en como o deporte de Skateboarding pasou a formar parte dos Xogos Olímpicos

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Comezamos a semana co concerto do gran Paco Nogueiras onde o pasamos fenomenal coa súa radio bule bule.

Tamén coñecemos a vida e obra da homenaxeada deste 2024, LUISA VILLALTA.

AS LETRAS GALEGAS

E por fin chegamos á Semana das Letras Galegas! contámosvos unhas cousiñas.

 

A PITA FALADORA 2023/24 - Nº45

Un ano máis, aproveitamos a Semana das Letras Galegas, para publicar a nosa revista. Como xa saberedes, este ano está adicado a Luisa Villalta.

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 45 (fai clic), e este ano repite o formato integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

   

O DÍA DE EUROPA

Neste programa de radio decidimos investigar sobre o Día de Europa e descubrimos cousiñas interesantes. Atendede.

 

SEMANA DO LIBRO

Este programa de radio está adicado á festividade do Día do Libro. Asique... animádevos a ler

 

A PARROQUIA DE FOZARA

Esta semana tivemos a gran sorte de poder entrevistar á nai dun alumno e dunha alumna do colexio que vive en Fozara. Grazas por contarnos cousiñas sobre esta aldea de Ponteareas

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O día 7 de Abril celébrase o Día Mundial da Saúde polo que neste programa investigamos un chisquiño sobre as orixes de dita celebración

 

O WATERPOLO

Neste programa de radio investigamos sobre un deporte olímpico: o waterpolo

 

A PARROQUIA DE PADRÓNS

Neste programa de radio puidemos entrevistar a nai dunhas alumnas que viven en Padróns; podendo así coñecer máis cousiñas desta aldea. Moitas graas pola colaboración!