Responder ó comentario

ACTIVIDADES BIBLIOTECA 2º TRIMESTRE

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

O 2º trimestre chega ao seu remate e queremos amosar as actividades levadas a cabo pola Biblioteca e a súa mascota Popi.

O primeiro concurso do Sabichondo, nel os rapaces e rapazas tiñan que adiviñar que profe correspondia coa foto antiga que aparecía no panel.


E como non, houbo gañadores.


Os recunchos máis visitados foron o de investigación e o taller de confección de cortinas.


Tamén houbo outro concurso do Sabichondo, esta vez ía de dinosaurios, había que adiviñar o nome.


Por suposto houbo gañadores tamén.
A nosa Biblio tamén chegaron moitos, moitos libros, primeiro para catalogar e logo serán para que o pasedes moi ben coas súas aventuras.


E unha sorpresiña máis, temos máis equipos informáticos para que veñades traballar moito e por suposto investigar pois son para o recuncho de investigación.


Responder