Aldea Galega

Aldea Galega

21-12-19

Con motivo do proxecto Erasmus+ 18-20, que se está a levar a cabo no centro, o equipo de Normalización Lingüística do centro propuxo realizar entre todo o colexio a maqueta de unha aldea galega, con elementos naturais, para que as escolas amigas do proxecto coñezan o noso entorno, as nosas tradicións e a nosa cultura. Moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible unha actividade tan bonita coma esta.