Skip to Content

Eco-reto

ECO-RETO FEBREIRO

ECO-RETO

curso 23-24

Xa temos listo o noso eco-reto de febreiro, AFORRAMOS. Como cada mes expomos os eco-retos no recuncho de Voz Natura para que o poida ver toda a comunidade educativa.

Con este reto, animámosvos a facer algunha actividade relacionada con:

-Aforro de enerxía.

-Andar en bici e utilizar menos os coches.

-Aforrar enerxía lumínica e aproveitar a luz solar.

-Promover o consumo de enerxías renovables.

-Desenchufar os electrodomésticos sin uso.

-Aforro de auga pechando os grifos.

-Consumir máis verduras e productos agro sustentables.

-Asumir as tres erres ecolóxicas:Reducir, Reutilizar e Reciclar.

-Actuar de forma responsable na natureza...

 

RECICLAMOS

RECICLAMOS

Curso 23-24

En decembro os nenxs de infantil fixeron uns adornos navideños con vasiños iogur reciclados, platilina e neve feita con poliespán.

Unha actividade moi entretida na que desenvolveron a súa psicomotricidade fina ao tempo que colaboramos co obxectivo de desenvolvemento sostible 12. produción e consumo responsable, reciclando envases de plástico.

 

 

 

 

AhiVa! PequeNautas - Gifs animados, animaciones - Simbolos y ...

ECO-RETO XANEIRO

ECO RETO XANEIRO

Curso 23-24

DIVULGAMOS

 

Eco-reto novembro

ECO-RETO NOVEMBRO

Curso 23-24

INVESTIGAMOS

 

 

 

ECO-RETO DECEMBRO

ECO-RETO DECEMBRO

Curso 23-24

"REUTILIZAMOS"

 

Eco-reto novembro

Eco- reto novembro

INVESTIGAMOS

Curso 23-24

 

 

ECO-RETO DECEMBRO REUTILIZAMOS

ECO-RETO DECEMBRO REUTILIZAMOS

 

BOTES DE GALLETAS

Curso 23-24

 

Polo Nada fixemos agunhas manualidades nas que  reutilizamos diferentes obxectos ou materiais.

Os nenxs de 4º fixeron uns bonitos botes de galletas con  envases de vidro que decoraron  coa técnica "decoupage". Para facelos escolleron unhas  servilletas con motivos navideños moi chulas.

Seguro que serán unha bonita decoración para estas datas.

 

 

 

 

PLANTACIÓN DOS TERCEIROS

PLANTACIÓN DOS TERCEIROS

Curso 22-23

Hai unhas semanas os terceiros fixeron sementeiros de chícharos, cenorias, perexil, espinacas e canónigos.

Xa era hora de pasalos para a horta. Divertíronse moito preparando a terra e facendo os buratos para os chícharos. Agora tócalle coidalos para obter unha boa colleita. 

PLANTAMOS ACELGAS

Gifs animados de Espinacas, animaciones de EspinacasINFANTIL PLANTA ACELGAS E ESPINACASColección de Gifs ®: IMÁGENES DE ESPINACA

Curso 22-23

 

Os nenos e nenas de 5 anos plantaron espinacas e acelgas en envases de iogures, o pasado xoves 2 de marzo de 2023 .

Seguimos reciclando e reutilizando, temos que coidar o planeta entre todos e darlle unha segunda oportunidade aos obxectos.

Agora toca esperar a que crezan para facer deliciosas receitas con elas.

LIMPAMOS O PATIO

 

RECOLLIDA DE LIXO

CURSO 21-22

 

Encántanos ver como xurden iniciativas dos propios rapaces e rapazas. Os alumnos de 4º decidiron facer equipos de recollida no patio porque viron que había algo de lixo.

 Estas actividades espontáneas, que os mestres e mestras apoiamos e fomentamos, fannos moitísima ilusión.

Bo traballo equipo!!

 

 

XARDINEIRAS RECICLADAS

XARDINEIRAS RECICLADAS

Curso 21-22

Estamos a elaborar unhas xardineiras con materiais de refugallo ou que xa non empregamos. É inclible a creatividade que podemos desenrolar e a cantidade de cousas que podemos facer con obxectos que ían a parar aos vertedoiros.

Cada clase escolleu unha temática o os alumnos/as traen da casa obxectos relacionados co tema elexido nos que se poida por unha planta, semente... xa temos tres. 

"Os xoguetes florecen" dos nenos e nenas de 6ºEI (5 anos)

 

 

 

"O deporte é vida" da clase de 4ºC

 

 

"Imos de viaxe" da clase de 4ºA

A Nosa Horta

Aparecen os primeiros Xirasois.

3ºA e 4ºA

Eco-reto marzo.

 

 Coa chegada da primaveira o 21 de marzo, comezan a saír as primeiras plantas de xirasois que plantaron o alumnado de 3ºA e 4ºA. Sorprendeunos como as pipas se abren e voan sobre as  follas. Aquí vos deixamos as imaxes de como nos van sorprendendo co seu crecemento.

 

Sementeiros

Plantando Xirasois.

3ºA e 4ºA

Eco-reto marzo, plantamos.

 

 O xoves 10 de marzo, o alumnado de 3ºA e 4ºA plantamos xirasois en apoio ao pobo ucraíno, dende ven moito aceite de xirasol ao igual que do sur de España. Aquí en Galicia tamén se poden ver nas plantacións de millo de autoconsumo xirasois durante o verán.

Aproveitamos para observar as pipas, mirar a súa cor, a súa textura, descubrimos que eran naturais sin tostar nin salar. E por suposto saboreámolas.

Despois plantamos as pipas, regamos e puxemolas no interior da escola para que medren as plantas. Cando medren e sexan grandes levarémolas a nosa horta e tamén para as nosas casas, porque sementamos moitas pipas.

A nosa Horta

O alumnado de 3ºC leva plantas  aromáticas aos bancais.

Eco-reto marzo, plantamos.

 

Durante o mes de outubro o alumnado de 3ºC fixo  sementeiros de distintas sementes e plantio de plantas aromáticas en interior: Romero, Tomillo, Menta.... Moitas xa foron saindo e están preparadas para plantar no bancal de plantas aromáticas de 3º. Onte martes día 8 de marzo o alumnado de 3ºC  transplantouas á horta para que medren, con elas pensan condimentar ricas comidas e bebidas.

RECICLAR REUTILIZAR E REDUCIR

 

ACTIVIDADES FEITAS CON MATERIAIS DE REFUGALLO OU ELEMENTOS NATURAIS

Curso 21-22

Os diferentes equipos do cole uníronse para propor actividades feitas con materiais de refugallo ou elementos naturais, contribuíndo a reducir a contaminación do planeta reutilizando e dando unha segunda vida a moitos obxectos que irían a parar aos contenedores da basura.

Neste vídeo recollemos algunhas delas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut