Skip to Content

Monthly archive

Aliméntate ben

Aliméntate ben! | CEIP Raquel CamachoOs sementeiros do alumnado de 4º,5º e 6º.

Peregrino Nos vemos Árbol de tochi regadera gif fuegos artificiales  Despertar mi

 

O pasado mércores, día 21 de febreiro de 2024, o alumnado 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, comprobaron como creceran no interior da escola, as sementes que plantaron fai tres semanas. Aquí vos damos conta do grandes que están. En poucos días teremos que sacalas á horta da escola.


O xogo ga miñoca

O XOGO DA MIÑOCA
 
Actividades do CEIDA
 
 
 
Hoxe os cativxs de 1⁰B tiveron unha das actividades do programa " Ponte a Zero" desenvolvido polo centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia ( CEIDA), coa fin de educar e sensibilizar sobre a redución e boa xestión dos resíduos urbanos, apoiando os ODS 12 " Produción e consumo responsable" , tamén  chamado o  obxectivo da reciclaxe.
Reciclar conleva aforrar materias primas, enerxía, auga e reducir as emisions de gases do efecto invernadoiro.
 
 
"O Xogo da miñoca"
 
gusano-imagen-animada-0030
 
 
A modo de xogo foron reforzando os  seus coñecementos sobre a reciclaxe, clasificaron  resíduos e sensibilizáronse cos beneficios que ten Reducir, Reciclar e Reutilizar ♻️para o  medio ambiente. Tamén aprenderon a importancia que ten a biodiversidade que vive  no composteiro, coma as miñocas ou os bechos bola, que  airean o compost e fan que sexa de calidade.
Nás próximas semanas tocaralle  a 1⁰A facer a actividades.
 

FOLLAS PARA ESTRUTURANTE

ESTRUTURANTE

Sale De Hoja Otoño - GIF gratis en Pixabay - Pixabay

 

Curso 23-24

Como cada curso dende hai uns anos, recollemos follas secas para o noso composteiro. 

Temos un patio fermoso e cheo de árbores, e no outono e inverno deixan caer as súas follas que nos veñen perfectas para facer o compost da nosa  ecohorta.

 

 

 

Gif Hojas - Colegio Ártica

 

Aliméntate Ben

Merendas saudables do mes de marzo.

O alumnado de Educación Infantil e Primaria, segue coa alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de marzo. 

Aliméntate ben. Cada mes probamos unha froita e novas verduras. Mes de marzo recomendamos receitas e merendas con amorodos, leituga e cenorias.

Aquí vos damos conta do saudable que merendan @s alumn@s do CEIP Nº2 de Tui. Noraboa rapazada.

 

ECO-RETO FEBREIRO

ECO-RETO

curso 23-24

Xa temos listo o noso eco-reto de febreiro, AFORRAMOS. Como cada mes expomos os eco-retos no recuncho de Voz Natura para que o poida ver toda a comunidade educativa.

Con este reto, animámosvos a facer algunha actividade relacionada con:

-Aforro de enerxía.

-Andar en bici e utilizar menos os coches.

-Aforrar enerxía lumínica e aproveitar a luz solar.

-Promover o consumo de enerxías renovables.

-Desenchufar os electrodomésticos sin uso.

-Aforro de auga pechando os grifos.

-Consumir máis verduras e productos agro sustentables.

-Asumir as tres erres ecolóxicas:Reducir, Reutilizar e Reciclar.

-Actuar de forma responsable na natureza...

 

Aliméntate Ben

Merendas saudables do mes de febreiro.

Seguimos coa alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de febreiro.

Aliméntate ben. Cada mes probamos unha froita e novas verduras. Mes de febreiro  recomendamos receitas e merendas con mazá e fabas.

O noso alumnado e profesorado come mazás moi saudables. Moi boas merendas rapazada!.

 

Deporte na Escola

Xornadas Multideportivas.

C.E.I.P Nº2 de Tui- C.E.I.P Goián de Tomiño.

14-03-24

O pasado xoves día 14 de marzo de 2024 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a xornada multideportiva na que participarón o alumnado de 3ºA e 5ºA do noso centro. Xogamos a volei, bádminton, balonmán, baloncesto, xadres e fútbol-sala. Xornada na que o respeto, o bo xogo e o disfrute foron as señas de identidade de esta xornada organizada por Agrudebam en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e coa colaboración do Concello de Tui. Grazas

 



by Dr. Radut