Skip to Content

A nosa biblioteca

BIBLIOTECA ESCOLAR

A biblioteca escolar

do “CEIP Nº 2 de TUI”

 

 

 

A nosa biblioteca é un lugar “ moi especial ” do colexio.

Considerámola como un centro de recursos, dinámico e activo, que…

 

Dota de contido académico e cultural a todas as actividades transversais que celebramos.

Serve de apoio ao desenvolvemento do currículo facilitando o acceso a información en distintos soportes.

E fomenta a lectura.

 

 

 

É para todos nós (profesores/as e alumnos/as) un lugar de encontro, de sosego e tranquilidade que nos permite gozar da aprendizaxe que nos brindan os seus fondos e no que podemos realizar tarefas escolares, gozar da lectura, obter información, compartir un xogo de mesa cos nosos amigos ou amigas...

 

 

Queremos que a nosa biblioteca cumpra un papel esencial no proceso de ensino e aprendizaxe, proporcionando estratexias aos seus usuarios/as para a propia formación e a creación de hábitos lectores.

 

A contInuación, amósase cada un dos apartados de interese da BIBLIOTECA. Só terás qe facer clic para acceder a súa información:

 

 

EQUIPO DE BIBLIOTECA

 

 

NORMAS

 

HORARIO

 

DISTRIBUCIÓN DE ESPAZOS

 

 

ACTIVIDADES

 

USUARIOS

 

ORGANIZACIÓN DOS FONDOS

 

 

BIBLIOTECA DE AULA

 

NÚMEROS DE BIBLIODOUS

---------------------------------------->

 

Nº 1 Nº 2 Nº 3

Distribuir contido


by Dr. Radut