Skip to Content

Instalacións

Recinto escolar

O CEIP Plurilingüe Nº 2 de Tui é un centro educativo de titularidade pública, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que imparte dúas etapas educativas:

- 2º ciclo de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos)

- Educación Primaria (de 6 a 11 anos).

Foi inaugurado no curso 1973-1974, en febreiro de 1974, hai 49 anos.

Atópase adscrito ao IES San Paio, no que se matricula a maior parte do noso alumnado, unha vez  rematada a Educación Primaria.

O recinto escolar é amplio e conta con zonas verdes de xogo para Primaria e para Infantil así como pistas deportivas. 

Podes realizar unha visita virtualPreme na imaxe e bota unha ollada ao noso centro (é un vídeo longo, polo que pode tardar un pouco en cargar).

 

gif

 

Dentro do recinto escolar, atópanse cinco edificios:

 

  • No Edificio Principal, o máis grande, están as aulas, 18 no presente curso escolar, distribuídas en dous andares. No mesmo edificio localízanse as aulas de Música, Informática, Apoio, Idioma, Titorías para cada ciclo, Salón de Actos, Taller cociña e Biblioteca.

 

gif

 

 

  • Secretaría para funcións administrativas: atención ás familias e despachos do equipo directivo, orientadora e sala de profesores/as. Tamén, neste edificio, está ubicada a "radio escolar".

 

  • Comedor escolar,  xestionado pola ANPA e acondicionado para o xantar do alumnado que solicita este servizo. Anteriormente foi a casa do conserxe, despois a oficiña do CRA de Tui e, actualmente o comedor escolar grazas á colaboración do Concello de Tui, da Deputación de Pontevedra e da Consellería de Educación.  Durante este curso, tamén utilizaremos o antigo comedor escolar co alumnado de Ed. Infantil.

 

  • Ximnasio coa infraestrutura adecuada para impartir as clases de Educación Física. O alumnado tamén utiliza, dependendo da idade, os pavillóns municipais (novo e vello) que se atopan próximos ao recinto escolar. 

 

gif

 

 

  • Casiña de Barro para a realización de actividades polas tardes como barro e pintura. Tamén está ubicada a oficina da ANPA "As Olivas", onde as familias poden facerse socias e apuntar aos alumnos/as a numerosas actividades, nos comezos de cada curso escolar. 

 

 

  • Patio cuberto entre o edifcio principal e o ximnasio. Este curso será o primeiro en verse cumprida esta reivindicación que viña do século anterior. Grazas ao Concello de Tui, poderemos disfrutar desta infraestrutura que permitirá o xogo do alumnado tamén nos días de choiva.

 

 

Aulas e Dependencias do Centro

                                                                                                                                gif

O  CEIP Plurilingüe Nº 2 de Tui é un cole moi grande, con 18 grupos da alumnos/as e outras dependencias.                                                  

Na planta baixa, e por unha entrada só para eles, están os nenos e nenas de Educación Infantil. Utilizan 6 aulas, cuns servizos adaptados ao seu tamaño e as súas necesidades.

Tamén, na planta baixa, están as aulas de 1º e 2º de Primaria.

No 1º andar, están as aulas de 3º, 4º, 5º e 6º.

 

 

 

 
 

 

 

Pero ademáis de todas estas aulas temos outras dependencias como:

  • Salón de actos que é bastante grande,  pero ainda así, non cabemos todos/as e, cando facemos unha representación, temos que ir por QUENDAS de 200 máis ou menos.
  • Restaurante de Lúa.-  Onde facemos un montón de actividades relacionadas coa boa alimentación. 

 

  • Sala de Informática.- situada no primeiro andar, ao carón da de música, con 15 ordenadores con acceso a Internet. Aquí vimos unha hora á semana.        

 

 

  • Aula de música .- Baila, canta, toca instrumentos e escoita música...

 

  • Aula de Inglés.-A space where many different avtivities can be made... In English.

  •   Ximnasio. - está no noso patio ao lado do edificio principal, e alí facemos deporte, psicomotricidade e xogamos  a un montón de cousas

 

  • Biblioteca.- Nela hai unha zona para os máis pequenos, e outra para os maiores. Ademais de ler contos, podemos consultar en enciclopedias ou buscar en internet información no recuncho dos ordenadores.

  • Horta Escolar.-Dentro do programa Voz Natura, promovendo un estilo de vida saudable, temos posto en marcha unha horta escolar na que todos os niveis participan no cultivo e coidado de alimentos típicos da zona.

 

 

  • Radio escolar.- Estudo onde se gravan os programas da nosa emisora "O 2 na Onda" coa axuda de todo o alumnado.

 

  • Aula Pedagoxía Terapéutica.- Un lugar onde traballar nun entorno de aprendizaxe baseado nas necesidades e características do alumnado, aportándolles seguridade e fomentando as súas capacidades.

 

  • Aula Audición e Linguaxe.- Onde se traballa a audición, a comunicación e a linguaxe.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut