Skip to Content

Monthly archive

PLANTACIÓN DOS TERCEIROS

 

SEMILLEIROS

Curso 22-23

Os terceiros xa plantaron as súas sementes. Fixeron semilleiros de  cenorias, canónigos, leitugas, espinacas, chícharos.

Teñen pensado facer unhas estupendas receitas con todos estes alimentos. Aínda que primeiro, terán que transplantalos á horta.

 

 

 

Deporte Escolar

Judo GIF - Conseguir el mejor gif en GIFER COMPETICIÓN DE LOITA PARA 4º CURSO.Juegos de Andalucía: La Sogatira

13 de abril de 2023

Pav. Vello Tui.

O xoves 13 de abril de 2023, terá lugar para o alumnado de 4º de Educación Primaria, dos centros educativos de Tui. O horario será de 10:30 a 13:00h no Pavillón Vello de Tui. Na xornada levaranse a cabo distintos xogos de iniciación á defensa persoal. Todo o alumnado deberá traer equipación deportiva do colexio, chándal do mesmo e merenda. Todas as familias están convidadas a presenciar a actividade. Premede na seguinte imaxe para ver o vídeo da competición. 

Agrudebam | Inscricións

Deporte na escola

Ruta en Patinete 4º.

Mércores 14 de xuño de 2023

Hoxe, mércores 14 de xuño de 2023, levouse a cabo unha ruta en patinete para todo o alumnado de 4º. Consistiu nun paseo en patinete dende o colexio ata a praia de Guillarei e volta ao centro educativo, tendo lugar diversos talleres de Educación Vial, alimentación, ecoloxía, relaxación e reciclaxe.

 

Moitísimas grazas a todas as familias, ANPA do colexio, Concello de Tui, Policía Local, monitores dos distintos talleres (Hugo, Vanesa...), aos voluntarios (Alba, Omar e Cloe) e, por suposto, ás titoras de 4º e ao centro educativo. Grazas a todos o alumnado de 4º gozou dunha xornada espléndida.

Aliméntate ben

"Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado. Así cumplindo coa Axenda 2030 traballamos os ods 2 Fame 0 e 3 Saude e benestar.

As modalidades do programa fan ao alumnado protagonista da súa aprendizaxe en colaboración cos compañeiros e compañeiras. Os proxectos que realizarán os centros deben implicar aos axentes da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias, institucións…) e crear entre todos unha rede de traballo cooperativo que mellore o xeito de ensinar e aprender.

O reto para cada mes, para dar resposta aos ODS da axenda 2030 será comer froita e verduras de tempada. Aquí vos deixamos a proposta do mes de novembro.

 

Aquí vos deixamos un modelo de receita para recoller as vosas propostas. 

COMEZAN A ASOMAR OS CASTAÑOS

 

O CEIP DO BELELLEBROTAN OS CASTAÑOSAhiVa! PequeNautas - Gifs animados, animaciones - Naturaleza - Arboles

Curso 22-23

Xa comezan a asomar as castañas que plantamos na xornada de talleres do inicio do curso.

 

PLANTAMOS ACELGAS

Gifs animados de Espinacas, animaciones de EspinacasINFANTIL PLANTA ACELGAS E ESPINACASColección de Gifs ®: IMÁGENES DE ESPINACA

Curso 22-23

 

Os nenos e nenas de 5 anos plantaron espinacas e acelgas en envases de iogures, o pasado xoves 2 de marzo de 2023 .

Seguimos reciclando e reutilizando, temos que coidar o planeta entre todos e darlle unha segunda oportunidade aos obxectos.

Agora toca esperar a que crezan para facer deliciosas receitas con elas.

Deporte en Familia

Niña Linda Que Monta Un Caballo. Ilustración Vectorial Ilustraciones Svg,  Vectoriales, Clip Art Vectorizado Libre De Derechos. Image 45048263.Actividades na natureza.Hermosos caballos en GIFs - Sementales al galope - 130 GIFs

Actividades en Familia.

Club Hípico Equigalia.

Aquí, as portas das vacacións de Semana Santa do ano 2023, queremos deixarvos unha recomendación para realizar deporte en familia e na natureza. En Tui contamos co Club ecuestre Equigalia, onde podemos gozar do contacto cos cabalos, os seus coidados, practicar a monta e deportes hípicos. Deixámosvos a continuación como contactar con club, e animámovos a visitalo. Moi, moi recomendable para actividades en familia e no entorno natural.



by Dr. Radut