Skip to Content

Monthly archive

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.Gifs animados de deportes | Historia de cristobal colon ...

 Dinamización Intercentros

 Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez Goián

 Curso 22-23

 Martes, 31 de xaneiro de 2023.

  O pasado martes día 31 de xaneiro de 2023,  tivo lugar no pavillón vello de Tui a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 5ºB, 4ºC. Aquí vos damos conta do ben que o pasamos e todos os deportes que practicamos.

 

Grazas aos compañeiros de Goián, por unha xornada estupenda coma esta.

Lecturas Deportivas

Learn how to draw a diamond ring for kids step by gif - ClipartixThe Crazy Haacks e o misterio do anel

Desireé 5ºA.

Hoxe xoves, 9 de marzo de 2023 cheganos unha lectura moi novedosa da man de Desireé de 5ºA. Esta é a segunda aventura dos irmáns máis locos de You Tube, onde contan a historia dun anel misterioso que chega ás súas máns. Unha lectura incrible que deberíades ler. Animádevos.

 

Imagen de Misterio - 2.the Crazy Haacks Y El Misterio Del Anillo - Vv.aa.

Moitísimas grazas Desi! Interesante colección.

XIV edición de "TUI Le"

     Este venres os alumnos de 1º e 2º A participaron no XIV "TUI Le", unha xornada de actividades organizada anualmente polas bibliotecas escolares xunto coa Biblioteca Municipal tudense.

O punto de encontro era a carpa instalada no Paseo da Corredoira, alí disfrutaron das actividades e da presenza de Bea Campos, co seu espectáculo "As palabras perdidas".

Aquí tedes o mural de Fernando Fernández del Riego (escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2023), no que todo o centro  colaboramos.

PROXECTO DO MAR

 

 PROXECTO DO MAR EN INFANTIL

Curso 22-23

En infantil estamos cun proxecto mediombiental e multidisciplinar. Convertéronse  en buzos e investigaron o mar, as  súas riquezas e os perigos que o ameazan.

Comezamos partindo dun centro de interese moi común nos máis cativos, os animais, neste caso, os peixes.

Trouxeron sardiñas e buscaron o seu esqueleto, a espiña. Traballaron o calamar, onde viven e que comen. Tamén coñeceron, tocaron e uliron un polbo de cerca,contaron as súas patas.

Finalmente o polbo Lolo acabou na cazola. Aprenderon como se cociña e botáronlle sal e pemento doce. Chegou o momento de degustar este manxar galego, aínda que non todos se animaron.

 

 

 

 

 

 

 

Manifesto polo 25 de Novembro de 2023

As nenas e nenos de 6º de Primaria elaboraron un manifesto polo día 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

#NósSeremosOCambio #NinUnhaMáis

  ENTRA AO DOCUMENTO ADXUNTO

Deporte na escola.

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

 

Competición de Bádminton Categoría Benxamín, Alevín e Infantil

( 3º, 4º, 5º e 6º). Curso 22-23

O vindeiro martes, día  24 de   xaneiro, dará comezo a competición escolar de Bádminton, as  Xornadas terán lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:00h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro martes día 17 de xaneiro.Achegamos calendario coas xornadas que irán por separado.

Para o alumnado de 5º e  6º será o martes 24 de xaneiro e o martes 7 de febreiro.

Para o alumnado de 3º, 4º e repetidores de 6º será o martes 31 de xaneiro e o martes 14 de febreiro.

A Xorndad Final será o mércores 1 de marzo para todos.

 

Preme aquí para descargar a inscripción de alevín.

Se queres a inscripción de Benxamín e Infantil preme aquí.

Animádevos a participar e pasar boas xornadas xogando a bádminton.

Deporte na Escola

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 22-23

O vindeiro mércores 1 de marzo  terá lugar a Xornada Final  da competición escolar de Badminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. O autobús sairá ás 15:50h do colexio. A volta será aproximadamente ás 20:30h.. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Tomiño directamente tedes que estar alí ás 16:30h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.

 

Deporte en Tui

IX Trofeo Baile Deportivo

Eurocidade Tui-Valença

26 de Marzo 2023

O sábado día 26 de marzo, está previsto o IX Trofeo de Baile Deportivo, na Eurocidade Tui-Valença. Un evento deportivo, que poderemos ver no Pavillón Gustavo de Tui. Animamos a todo o alumnado e familias, a gozar de esta oportunidade, que nos ofrece o deporte tudense.



by Dr. Radut