Skip to Content

Monthly archive

Aliméntate ben

Merendas saudables de novembro.

O alumnado de Educación Infantil, súmase a alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de novembro: bocadillos, pan de marrocos... 

Froitas frecas e froitos secos. Uns campeóns estes nenos e nenas.

 

Garantindo o ods 3 saúde e benestar, cumplen coa axenda 2030. Moi ben, xente miuda!!

RECOLLEMOS FOLLAS PARA O COMPOSTEIRO

hojas otoño gif dubravka4, hojas , otoño , gif , dubravka4 ...RECOLLEMOS FOLLAS Hojas Cayendo GIF | Gfycat

Curso 22-23

O alumnado de 3º de primaria saiu ao patio e arredores a recoller follas secas para o composteiro.

As follas que caen das árbores son perfectas para mesturar cos restos orgánicos das nosas merendas. Así elaboramos un fertilizante estupendo para a nosa horta.

 

 

Seguimos o Deporte

Humberto vs MauroGifs de Balones de Futbol

Fútbol 

Salceda de Caselas

05-03-23

O pasado, sábado día 4 de marzo de 2023, na categoría de fútbol alevín, tiveron partido o equipo Escolas Denis Suárez de Salceda co Celta de Vigo, no Campo de Fútbol Penedo Redondo en Salceda. No equipo da casa xoga Mauro e no equipo visitante xoga Humberto. Ambos alumnos de 5ºB do colexio e amigos de toda a vida, que hoxe se convertiron en rivais no terreo de xogo.

A nosa periodista desplazada no terreo de xogo: a profe Lucía de Infantil, deunos conta con  todo o detalle do partido. Foi unha mañá soleada e de moita deportividade. Noraboa aos dous!!.

Moitísimas grazas por noticias tan importantes coma esta, onde o deporte, o bo xogo e o respeto sexan o máis destacado da xornada. 

Aliméntate ben

Medran as sementes de  4º no interior do colexio.

O día, 23 de febreiro o alumnado de 4º comprobou que as súas plantas están o suficiente grandes para sacalas para a horta. Nuns días temos que facer transplante. Que ben cos coidados de este alumnado.

CONSERTASSO NA HORTA POLAS LETRAS GALEGAS

 

Pola semana das letras galegas tivemos a sorte de contar con Brais das Hortas que animou aos rapaces coa súa música. Disfrutaron moitísimo coa letras das súas cancións e prepararon uns carteis moi vistosos para decorar o seu escenario ao aire libre.

 

 

 

 

 

Aliméntate ben

Pan marroquí casero esponjoso y sin horno Receta de Comida de Marruecos Con  Hakima - CookpadAliméntate ben.Tetera marroqui 250 ml | Casa Mytea [casamytea.com]

Comida de Marrocos

2º Primaria

O pasado martes 7 de xuño de 2023, o alumnado de 2º de primaria do noso centro, gozou dunha xornada de comidas de Marrocos, grazas as familias do alumnado destas clases. 

Té e pan de marrocos fixeron as delicias de nenos e nenas. Unha forma de unir culturas, establecer lazos de convivencia e expresar emocións co gusto.

 

CHARLAS DA ECO PATRULLA DE 4º

 

CHARLA FORMATIVA DA ECO PATRULLA DE 4º AOS NENOS E NENAS DE 1º

Curso 23-24

Os integrantes da ecopatrulla de 4º visitaron as aulas de primeiro neste mes de setembro para explicarlles cómo facemos o proceso de reciclado e onte neñen que botar o lixo. Deste xeito contribuimos co obxectivo de desenrolo sostible 12 de "Produción e consumo responsable"

Estiveron moi atentos e a ecopatrulla fixoo xenial.

Entre todos podemos salvar o planeta!!

 

 

 

 

Investigamos

Cotilleando" con el microscopio... | Aula de ciencias ...ECO-RETO “INVESTIGAMOS COS ALIMENTOS”Orange Naranja Sticker - Orange Naranja Fruit - Discover ...

Nesta ocasión o alumnado de terceiro observamos como día tras día os fungos medraban nunha laranxa. A laranxa é un alimento que aporta á nosa alimentación moita vitamina C, pero muda de estado coa axuda dos fungos.

Comprobamos que son un grupo de seres vivos que se alimentan da materia en descomposición. Este fungo que afecta aos cítricos chámase Penicillium digitatum e deixa unha froita, moi rica e saudable como a laranxa, nun estado non apta para o consumo. Iso si, neste estado de descomposición é moi útil para engadir ao composteiro, onde se transformará nun compostaxe excelente.

 

@voznatura

#RetoInvestigamos #voznatura #eco-retos

NOVIDADES NA HORTA

  • Cenorias, leitugas, cabaciño e fabas plantados polo alumnado de 2ºA.
  • Familias traballando arreo na horta para que o alumnado de Infantil plantara patacas.
  • O alumnado de 3º recolleu follas secas para o composteiro.
  • Os alumnos de Infantil plantaron patacas coa axuda da rapazada de 5º de Primaria.

(preme na imaxe para acceder a toda a información)

 



by Dr. Radut