Skip to Content

Monthly archive

SACAMOS O ABONO ECOLÓXICO DO COMPOSTEIRO

SACAMOS O COMPOST PARA A HORTA

Curso 23-24

Esta última semana de setembro estamos a por en marcha a nosa eco-horta. Un grupo mixto de alumnos e alumnas do cole fixeron as labores coa axuda dos mestres e mestras. 

A nosa sorpresa foi cando ao abrir o composteiro nos atopamos con unha terra negra, perfecta para que os cultivos deste ano poidan crecer con moita forza e libres de tóxicos.

Esto danos moita satisfacción e ganas para continuar coas labores de compostaxe neste novo curso.

Animámosvos a que o fagades tamén nas vosas casa!!! 

 

 

 

Deporte en Tui

Urban Trail Night | EurocidadeVI Urban Trail Night Eurocidade.Urban Trail Night

Sábado 25 de Novembro de 2023

Eurocidade Valença- Tui

O vindeiro sábado día 25 de Novembro de 2023, terá lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, a proba terá lugar entre Valença e Tui, a partires das 19:30h ata ás 21:00h.

VII Urban Trail Night Eurocidade

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, en resposta a adenda 2030 e como ven sendo habitual, imos participar na proba de apoio como voluntarios, invitamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na mesma, como voluntarios que cubran a seguinte notiña.

Pincha aquí para descargar  a nota de Inscripción

Relación dos libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2023/2024

 

 (Preme na imaxe para consultar a listaxe).

 

 

Listaxe actualizada con data do 29/06/23 por erros no ISBN dos libros de Matemáticas 1º EP, e o cuaderno de Matemáticas de 5º de EP.

Deporte na Escola

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 22-23

O vindeiro, martes 14 de febreiro terá lugar a 2ª xornada da competición escolar de Bádminton da categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil ( repetidores de 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio, pasará por Rafi, Rotonda Bornetas, Rotonda igrexa Areas.  A volta será aproximadamente ás 19:15h. Todos os participantes terán que traer: merenda, auga, calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Deporte en Tui

Carreira Popular de San Telmo 23

Sábado 15 de Abril 2023 ( Tui ).

             O sábado de San Telmo, día  15  de Abril de 2023, a partires das 11:00h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2023.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adult@s  que queiran participar. Esta proba está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui.  

Gustaríanos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro, venres día 31 de marzo. Na semana previa a proba enviaremos horarios e equipacións.

Aquí, vos deixamos a folla de inscripción por se a precisades.

Pinchade enriba do logo para acceder a web do Club Atletismo Tui, onde atoparedes máis información. 

DÍA DO LIBRO 2023

 

 

            Este ano, polo día do libro, organizamos unha actividade moi chula 

 

                    para disfrutar todos xuntos:  LECTURAS COMPARTIDAS.

    Alumnxs e profes reunímonos no patio para compartir un momento de lectura ao aire libre. Nenos e nenas trouxeron das súas casas libros que intercambiaron e que leron uns aos outros. Os máis pequenos xuntáronse de novo cos seus padriños e madriñas, disfrutaron dos seus mimos, da súa atención e das súas lecturas neste día. Dentro das aulas tamén xurdiron actividades e xogos moi orixinais cos libros como protagonistas.

(Preme na imaxe para máis información)

Deporte na Escola

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar

Luns 5 de xuño de 2023.

 O pasado luns día 5 de xuño de 2023 tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar, para todo o alumnado de 3º. Levouse a cabo en horario de 9:15 a 14:10h. Consistiu nun paseo con probas  dende o colexio pola cidade de Tui e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos do Camiño de Santiago durante a actividade.

 

Unha xornada onde o alumnado coñeceu patrimonio, experimentou sensacións e investigou sobre o Camiño.

Aliméntate ben

PLANTACIÓN DE ÁRBORES FRONDOSAS PARA REFORESTAR.

Nos talleres de inauguración do proxecto, unha das actividades foi plantar frondosas: castañas, noces, améndoas…

De todas as que plantamos, que foron unhas 380, un por cada estudante,  naceron uns 50 castaños e un piñeiro.

Xa os transplantamos a tarriños máis grandes, porque estaban a precisar máis terra con nutrientes.

Falamos coa comunidade de montes e aconsellounos deixalos crecer un pouco máis, e de cara ao curso que ben, organizar unha xornada de reforestación e buscarlles un novo fogar a estes castaños, e así o faremos.

Genially 5ºA

O proxecto que vai levar a cabo o alumnado de 5ºA da materia “proxecto competencial” é crear unha marca de roupa.

Para iso terán que aprender a coser, aprender sobre os diferentes tecidos, as ferramentas que se empregan nun atelier e incluso facer patróns!

Poderán conseguilo?

Os nenos e nenas crearon este genially para pedir a colaboración de toda a comunidade educativa.

 

 

 

Deporte na Escola

 

A Milla

Decembro 2023

ODS 1 e 2

  Biodiversidade

O Castiñeiro en Galicia.

Durante o mes de novembro de 2023, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.

Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes feita coa madeira de castiñeiro. 

O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de novembro coñecemos o ODS 1: Fin da Pobreza e ODS 2: Fame 0.

 

A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.

Este mes tocou coñecer o castiñeiro no Baixo Miño. Os castiñeros teñen gran valor madeireiro e alimenticio.

            Sabías que a  súa madeira é moi valorada na fabricación de mobles, entarimados para o chan, instrumentos musicais, etc...

            As castañas son a froita dos castiñeiros, durante a Idade Media debido a escaseza de alimentos coma os cereais, usábanse como fonte principal de carbohidratos, para acompañar a carne, o peixe,etc... 

Utilizouse tradicionalmente como fonte de enerxética para a población en xeral, pero perdeu o seu lugar de importancia na dieta cando chegou a pataca das Américas. Os soutos galegos  colaboraban, por aquel entón co ODS 1 Fin da pobreza e co ODS 2 Fame 0.

Hoxe en día seguen a comerse no outono, cocidas, asadas, en empanada e a súa fariña é moi valorada na repostería, etc.. Investigade vos.

Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de decembro, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.



by Dr. Radut