Skip to Content

Monthly archive

Aliméntate ben

Los Dibujitos — Se me cuecen las habas.2ºA Planta Fabas e Amorodos.Dancing Strawberry Dancing Sticker - Dancing Strawberry Dancing Strawberry  - Discover & Share GIFs

 

O pasado venres, día 3 de marzo de 2023, o alumnado de 2ºA de Educación Primaria, sacou para a horta as fabas que xa creceran no interior da escola. Tamén aproveitaron para poñer unhas plantas de amorodos. Aquí vos damos conta do ben que o fixeron.

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

 

    Hai uns días chegou ás nosas aulas unha carta de Paco Nogueiras para anunciarnos o seu paso polo cole. As súas cancións soaron nas clases para animarnos coas súas letras, soamente quedaba que chegara o día para escoitalo e disfrutar cos seus contos.

(Preme na imaxe para acceder a toda a información)

 

 

REVISTA ESCOLAR

AFORRO DE ENERXÍA

AFORRO ENERXÉTICO

 

Iniciamos unha actividade para o aforro enerxético. Cada vez que saímos das aulas, ao recreo, ao ximnasio… temos que deixar as luces apagadas.

Deste xeito promovemos os ODS, sobre todo o obxectivo 12  "Produción e consumo responsable".

 

PREPARAMOS A ECOHORTA

 

PREPARAMOS A ECOHORTA

Curso 23-24

Un grupo de mestres e mestras e familias preparon a horta para que os niveis poidan comezar a plantar.

Moitas grazas as familias que están no "GRUPO DA HORTA DO 2" e  cada ano nos axudan en moitas das actividades que lles porponeños, incluso no mantenemento e coidado da ecohorta.

Xa temos algunhas cousiñas, as que quedaron do curso pasado.

GRAZAS!!

 

 

 

 

EXPOSICIÓN COROAS DE NADAL

▷ Coronas de Navidad: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!EXPOSICIÓN COROAS DE NADALCoronas de Navidad - 27 Gifs animados | Gifmaniacos.es

Curso 22-23

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da exposición das coroas de Nadal. Todas elas feitas en familia e con materiais de refugallo.

Moitas grazas coma sempre por participar en todas as actividades propostas.

COMPOSTEIRO

 

COMPOSTEIRO

Curso 22-23

 

O noso composteiro está a funcionar perfectamente grazas ás patrullas ecolóxicas dos alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria.

Hai unhas semanas estivo a mestra composteira do concello de visita para comprobar qué tal iba o noso compost, e a nosa sorpresa foi inmensa ao saber que estando a 4º a temperatura ambiental, o compost estaba a 35º.

O proceso fano todo eles mesmos. Todo o alumnado do colexio leva os restos orgánicos aos puntos de recollida, as ecopatrullas levano dos puntos de recollida ao composteiro e comproban que non teñan restos doutros materiais que poidesen ser perxudiciais para a vida dos bichiños que elaboran o compost. Bótanlle estructurante ( follas secas) e tres días á semana remexen co aireador.

Dende aquí queremos agradecerlle a súa labor. Con este compost teremos unhas colleitas moi saudables.

Moitas grazas a todo o alumnado!!!

 

 

Deporte en Tui

Gifs Animados de BadmintonTORNEO ESCOLAR DE BÁDMINTON PORCLUB BADMINTON TUI de www.facebook.com PARELLAS.

CLUB BÁDMINTON TUI.

O vindeiro sábado, 18 de marzo de 2023, terá lugar o Torneo Escolar Tui de bádminton, na modalidade de dobres nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. Todo o alumnado que se anime a participar, deberá dirixirse ao Club Bádminton Tui.

Deporte na Escola

▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!DEPORTE ESCOLAR.▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

 

Volei Curso 22-23

 

O pasado mércores día 26 de abril de 2023, deu comezo a competición escolar de Volei. A xornada levouse a cabo no Pavillón do Ceip Randufe. O CEIP Nº2 de Tui participou con dous equipo da categoría alevín e tres na categoría benxamín. Unha xornada que compartimos co alumnado do CEP Pedro Caselles de Tomiño, CEIP Neira Vilas de Gondomar, CEIP Rebordáns e IES Antón Alonso Rios de Tomiño.

Aquí vos damos conta da xornada. 

 Poden atopar máis información en www.agrudebam.es ou na web do cole na sección Deporte no2/Deporte na Escola/Volei.



by Dr. Radut