Skip to Content

Monthly archive

BATIDO DE FRESAS DA NOSA ECOHORTA

Que ledicia ver que os esforzos dan o seu proveito!. Os cativos de primeiro recolleron o pasado venres 12 maio a primeira colleita das fresas que plantaron. Con elas fixeron un batido de fresas e leite no eco-comedor que deixou un cheiro exquisito en todo o colexio. Puideron ver, tocar e cheirar as fresas e incluso puxeron en xogo o sentido do oído co son do batedor.

(preme na imaxe para máis información)

Voz Natura

32 Imágenes Animadas Hojas de Otoño | Jahreszeiten, HerbstO Recuncho de outono de Voz Natura.

Hojas De Otoño Cayendo Gif

 

O recuncho de outono de Voz Natura xa está listo para que a rapazada poida pasar cando o desexe a estimular os 5 sentidos.

Podemos ver, tocar, cheirar, escoitar e incluso degustar calquera un deles. Sobre todo a nosa cesta de lavanda que arrecende que da gusto.

Tamén vos presenta o eco-reto deste mes, para animarvos a colaborar dende as vosas casas na protección da nosa flora e fauna. A biodiversidade é un tesouro que debemos coidar entre todos. 

Moitas grazas ás familias do 2 por achegarnos todos estes produtos de outono.

#voznatura #recunchodeoutono #sentidos #actividadesenfamilia

Campo a Través

▷ Correr: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!CAMPIONATO PROVINCIAL ▷ Correr: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS! DE CAMPO A TRAVÉS.

Parque de Castrelos ( Vigo)

12/02/23

 O vindeiro, domingo 12 de febreiro de 2023, levarase a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través, no circuíto do Parque de Castrelos en Vigo.

A competición para o alumnado do CEIP Nº2 empezará ás 11:10h coa proba Alevín Feminino ( alumnas de 4º e 5º), ás 11:25h a proba Alevín Masculino ( alumnos de 4º e 5º), ás 11:40h a proba Benxamín Feminino ( alumnas de 2º e 3º) e ás 11:55h a proba Benxamín Masculino ( alumnos de 2º e 3º).

Aquí vos deixamos o circuíto, as horas e distancias.

 O autobús pasará polas paradas de Rotonda Areas, Rotonda Bornetas ás 9:15h e sairá do colexio ás 9:25h e a volta será ás 13:30h aproximadamente. Se algún participante vai coa súa familia, directamente ao circuíto terá que estar alí media hora antes da súa proba.

         Tódolos nenos/as teñen que traer chándal (o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

         ¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do mércores día 15 de Febreiro.

         Poden atopar máis información da proba na web do cole: en Deporte no2

Para calquera dúbida podedes contactar con nós no Teléfono: 650602161

Lecturas Deportivas

▷ Canoas, Piraguas y Kayaks: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100%  GRATIS!A Historia do Piragüismo.

Martina 5ºA.

O pasado día 2 de marzo de 2023, Martina de 5ºA quixo compartir con nós un fermoso traballo, sobre a historia do piragüismo e dos grandes deportistas, que este deporte lle deu a Tui.

Como podedes ver, un gran traballo. Noraboa Martina. 

Deporte en Tui

Carreira Popular de San Telmo 23

Sábado 15 de Abril 2023 ( Tui ).

             O pasado sábado de San Telmo, día  15  de Abril de 2023, a partires das 11:00h, tivo lugar a Carreira Popular de San Telmo 2023.  Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as  e adult@s  que se animaron participar. A proba estivo organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui.

Aquí vos deixamos as fotos da xornada. A nosa noraboa a tod@s   @s participantes, familias e sobretodo á fantástica organización.

Deporte en Tui

VIII Triatlón Tui-Porriño.

Sábado 27 de maio de 2023

Marina de Tui

O pasado sábado día 27 de xuño de 2023  tivo lugar o VIII Triatlón Tui-Porriño, a proba de natación e a transición ás bicicletas tivo lugar nas inmediacións da Marina e o Club San Telmo, a partires das 16:30h.

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui estivemos participando na proba de apoio como voluntarios. O alumnado de 6º foi o encargado de recoller a transición, un traballo importante.

Tivemos oportunidade de fotografiarnos co gran triatleta Javier Gómez Noya padriño da proba e gañador dunha prata nas olimpiadas de Londres 2012 e varios campionatos do mundo e de Europa. Grazas a todo o equipo de alumn@s voluntarios.

QUEN VIVE NO NOSO PATIO?

 

 

QUEN VIVE NO NOSO PATIO?

Os 3º e os 4º animáronse a facer unha actividade conxunta. Saíron ao patio a buscar que tipo de bichos e insectos viven alí, procuraron no medio da herba, no composteiro, na horta… atopamos moitas variedades: saltóns, caracois, miñocas, bichos bola, arañas, abellas…

Logo recolleron algunha información en murais para compartir todo o que investigaron co resto dos compañeiros do colexio

 

 

 

 

 

 

Deporte na Escola

                                          Tenis de Mesa 23-24.Gifs Animados de Ping Pong

Gifs Animados de Ping PongPav. Ceip Sobrada Tomiño.  

8,15 e 22 de novembro 2023.

            Os vindeiros mércores 8, 15 e 22 de novembro de 2023, vai ter lugar a competición  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva no Pav. do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º a 6º que queiran participar.

Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer a notiña de autorización asinada antes do vindeiro venres 3 de novembro de 2023Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.

 Aquí podedes descargar a folla de autorización



by Dr. Radut