Skip to Content

Monthly archive

A prensa na Escola

Na 3ª semana do mes de marzo celébrase a Semana da Prensa nos centros escolares.

Nós no noso centro tivemos instalado durante a semana, un kiosko no que tiñamos todas as novidades. 

   
 Alí poidemos ver que tipo de publicacións podemos atopar nun kiosko.  E tamén cada neno e nena aportou con revistas que traía da casa para facer unha gran exposición na biblioteca.
   
   

Contacto coa Administración

 

 

 

                                

                                     

Participamos no Cross

         Un dos deportes dos que mais nos gusta no centro é o do Cross. Máis de 100 nenos e nenas do CEIP Nº 2 participan nas diferentes probas que se realizan ao longo do curso.

          A tempada comeza ao fin de novembro, nunhas magníficas instalacións no camping Santa Tegra da Guarda. A pesares de ser un día no que a choiva quíxonos acompañar ao fin da xornada, unha grande cantidade de nenos e nenas do centro animáronse a participar na proba

 

   
 Aquí está a saída da categoría alevín femenino  En plena proba os participntes dándoo todo.

 

 

 Dos máis de  100 atletas do centro que participaron no cross Zonal da Guarda, uns cantos clasificáronse para o Campionato Provincial que se celebrou en Guláns o 30 de Xaneiro. Ahí a competición xa se fai máis dura pero aínda así fixemos unha carreira moi boa en todas as categorias onde estabamos clasificados

   
 As nosas dúas representantes da categoría benxamín  Parte do equipo alevín feminino preparado para a saída.

 

 Un deses atletas é Iván Carnero, alumno de quinto que fixo unha gran carreira e que polo tanto queda automaticamente clasificado para participar no Campionato Galego.

             Palabras Maiores xa

O 6 sábado 6 de Marzo Iván e a profe Bea acuden a proba que se celebra ao lado da ría de Arousa co mar de fondo. Alí a competición xa que moi dura, pero aínda así Iván fíxoo moi ben.

 

   
   

 

                                                 Para ver moitas fotos e videos dos nosos atletas pincha aquí

 

 

 

Programa Xogade

         Dentro da nova modadidade implantada este ano como novidade pola xunta de Galicia, co nome de Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar, está o programa "Xogade" que permite unha competición entre centros da zona en diferentes deportes.

Unha destas competicións levounos ata Salceda co alumnado de Sexto para compartir con eles unha xornada deportiva e de convivencia.

 

   
 O baloncesto é unha das probas nas que competimos  O fútbol non pode faltar. Equipos mixtos claro está.
   
 Pero tamén hai xadrez. Aquí está Miguel concentrado na xogada.  O equipo enteiro posando para a cámara.

Galipedia

                         

        Neste enlace acadamos moita información na rede sobre o tema que queiramos saber            

                                                                                             Galipedia

Duatlón

           O sábado 6 de Marzo no recinto de Cross do Porriño celebrouse o III Duatlón de Porriño. O noso centro acude á proba cun gran número de participantes dispostos a pasalo moi ben.

 

   
 Aquí estamos preparando as bicis e os cascos para pasar o control.  Xa en plena carreira coa bici

 

 

   
 Despois hai que dixala bici...  ...para facer unha carreira a pé.

 

 

   
 Xa se fixera de noite pero, tiñamos que esperar pois.... ... había que recoller premios e todos e todas queriamos subir.

O nadal

 

Como todos os anos o nadal é unha festa que no Centro se celebra dunha maneira moi especial.

O Centro engalanouse con moitísimos regalos chegados de todas as casas, pero ademáis tivemos un montón de actividades.

 

   
 O Noso Belén que este ano está ambientado no fondo do mar.

 O noso tradicional concurso de postais no que os mellores foron premiados.

   
 Unha obra de teatro que representaron os nenos e nenas de 4º e que ademáis de representar no centro, tamén lla mostramos na Residencia de anciáns de Tui.  O grupo de pandereteiras do  centro acompañaron a diversas panxoliñas o día do Festival no Centro.
   
 Os nenos e nenas de 3º están entonando unha panxoliña.  E aquí os de 2º atrévense con outra.
   
 O día do festival ata tivemos un desfile de moda dos nenos e nenas de 6º  ....e no que non faltou o traxe de noiva.
   
 Pero mentras estabamos de vacacións participamos no concurso de Panxoliñas que organiza a Catedral de Tui.  Co diñeiro do premio fixemos unha gran chocolatada para todos e todas.

 

 

Campaña Mundial pola Educación

 

              Como nos últimos cursos, este ano colaboramos coa ONG  Educación sen Fronteiras na súa Campaña Mundial pola Educación.

Este ano, con motivo do Mundial de fútbol que se celebrará no verán en Sudáfrica, o  lema na Campaña foi:

UN GOL POLA EDUCACIÓN

Aproveitando esta conmemoración propuxémoslle a Escola de Primaria de Valença, coa que tiñamaos moitas ganas de contactar e traballar, participar nunha actividade común.

Dende o primeiro momento, a escola de Valença mostrouse encantada de poder facer esta actividade. Despois de varias xuntanzas entre escolas, concello de Tui e Cámara de Valença, todo estba preparado para que o día 16 de Abril se celebrase este

                                                  I Encontro entre Tui-Valença.

Eles chegaron cedo, e ata a hora do recreo estivamos xogando a xogos tradicionais dos dous países.

 

   
 Por exemplo aquí estamos nós ensinándolles a rá....  .... e eles ensinannos un xogo de Portugal que se chama

 

 

            As 12, e para darlle continuidade ao lema da campaña UN GOL POLA EDUCACIÓN, xogamos un partido no que o importante nunca foi gañar.

 

   
 Pancarata da campaña  Camiseta que pagaron os concellos escrita en galego e portugués.

 

 

   
 A 1ª Parte do partido: Valença de verde e Tui de laranxa.  Na 2ª Parte: os nenos mesturados equipo branco contra equipo negro.
   
 O fin do partido medallas para todos e todas.  Representantes dos dous concellos e da ONG.
   
 Aquí os de Infantil animando aos 2 colexios.  Os maiores tamén animaron.

 

Este é un gran balón feito polos nenos e nenas de 5º nas que se pegaron cousas que favorecen e entorpecen a Educación no mundo.

Esperamos seguir en contacto cos nosos novos colegas de Valença.

Seguro que así será!!!

 

Días máis tarde chegou o momento no que os nenos e nenas de 5º acudimos a Vigo para celebrar o acto da Campaña deste ano.

Ao ser este ano o do GOL POLA EDUCACIÖN tivemos que ir  con outros centros de Vigo, ata a Madroa, onde estaban entrenando os xogadores do Celta.

   
 David de 5º A meteulle un gol ao mesmo Yoel, porteiro do Celta  Aquí estamos todos, nenos/as, xogadores e ONGs co dedo en alto.

 

 



by Dr. Radut