Skip to Content

Monthly archive

A Volta ao Mundo de Lúa. Un agasallo de Nadal.

A Volta ao Mundo de Lúa.

Un agasallo de Nadal.

Á volta do Nadal, tivemos una bonita sorpresa de Lúa, contándonos noticias da súa viaxe dando a volta ao mundo. Coas nosas millas xa se atopa cruzando Rusia. Dende alí enviounos un agasallo que usamos para xogar no recreo. Agradecémolo moito neste ano no que os recreos son tan diferentes aos de outros anos. 

Dende entón xogamos coa corda sempre no patio.

 

 

 Lua's world tour. Chistmas present.

Back from Christmas holidays, Lua gave us a wonderful surprise, with our help, Lua could arrive to Russia. Besides, she sent us a rubber band to play in the playground.

22 DE ABRIL.- DÍA DA NOSA NAI TERRA

 

                              Imaxe de freepik de pikisuperstars

 

A Nai Terra está a pedirnos de xeito claro que actuemos. Os océanos énchense de plásticos e tórnanse mái ácidos. A calor extrema, os incendios forestais e as inundacións, así como unha tempada de furacáns no Atlántico, teñen afectado a millóns de persoas. Agora enfrontámonos á COVID-19, unha pandemia sanitaria mundial cunha forte relación coa saúde do noso ecosistema.

A biodiversidade estase a deteriorar en todo o mundo a un ritmo sen precedentes. Se estima que arredor dun millón de animais e vexetais están en perigo de extinción na actualidade. Con este panorama xeral e o escenario do coronavirus, a nosa prioridade é evitar a propagación do virus, pero a longo prazo é importante abordad a pérdida de hábitat e biodiversidade no noso planeta.

Estamos xuntos na loita coa nos Nai Terra.

 

FONTE: PÁXINA WEB DAS NACIÓNS UNIDAS.

Deixámosvos uns vídeos e cancións sobre o tema atopados nas canles de youtube: Acciona, Rockalingua e Yose ss:

 

 

 

 

 

....E CHEGA O VERÁN!!!

E chega o verán, as vacacións e o merecido descanso para todos vos.  

Despedímonos ata setembro desexando xa voltar a desfrutar con todos do noso, das nosas festas, da nosa lingua.... presumamos como galegos!!! GuayGuiño

 

 

ECO-RETO VOZ NATURA. OUTUBRO.

ECO-RETO LIMPAMOS A NATUREZA.

VOZ NATURA

Curso 21-22

Os nenos de primeiro animáronse a participar no eco-reto Voz Natura de Outubro. Limparon 25 metros de natureza. Quedaron sorprendidos coa cantidade de lixo que se pode atopar en tan pouco percorrido.

Grazas chicxs!!

 

Deixámosvos os eco-retos de cada mes por si vos apetece participar. É unha iniciativa tamén para as familias. Se vos animades a facer algún dos retos, achegádenos unha foto antes de que remate o mes do reto e subirémola ao noso instagram. Podedes sacar a foto sen que se vexan as caras. 

 

 

Deixámosvos o enlace ao pdf dos eco-retos por si a fotografía non se ve ben.

Discamino

Discamino

O soño de facer o Camiño de Santiago.

2 de decembro de 2021.

O día 3 de decembro, conmemórase o día da discapacidade. No senso de sensibilizar ao noso alumnado, na diversidade funcional e as capacidades múltiples, estiveron con nós os membros da asociación Discamino.

O alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de visualizar, como persoas con parálise cerebral, xordas, xordo-cegas, parapléxicas, poden facer e gozar da fantástica experiencia de facer o Camiño de Santiago.

O equipo de Discamino mostrounos as súas experiencias, co apoio de vídeos, medios dixitais de comunicación, etc...  Moitas grazas a Javier Pitillas pola súa labor e paixón, a Gerardo, Ana... que nos permitiron sentir a súa ilusión, os seus sentimentos e a súa forza para facer realidade os seus soños. Parabéns sodes grandes, moi grandes. Esperamos sigades facendo realizade os soños de moitas persoas ao igual que hoxe o fixestes cos nenos e nenas do CEIP Nº2 de Tui.

Aquí vos deixamos o enlace a web de Discamino, onde atoparedes máis información e vídeos intereses de como facer o Camiño de Santiago. Preme na imaxe que teis a continuación.

Imos practicar Mindfulnes

 

Imos Practicar Mindfulness.

 

Para practicar   Mindfulness temos que:

  • Ter intención de probar.

  • Estar dispostos a tomalo en serio.

  • Seguir os pasos que nos van marcando.

  • Así será máis doado para nós e facilitarémosllo aos compañeir@s de clase...

  • Será importante practicalo todos os días, na escola, na casa, coa familia...así melloraremos .

SEMENTANDO EN IGUALDADE

Non podiamos deixar pasar a oportunidade de mencionar no noso blogue de Voz Natura unha actividade que se realizou con motivo do Día da Muller, dentro das propostas de actividades do equipo da Biblioteca do noso cole.

O 8 de Marzo o alumnado de infantil desfrutou dunha instalación na que a reciclaxe e as sementes foron elementos centrais da mesma. Cada neno puxo nun vasiño reciclado terra e sementes de flores. Os vasiños levaban escritas palabras e frases relacionadas coa igualdade da muller. E agardando que as palabras sementadas florezan e favorezan a igualdade entre homes e mulleres, cada neno levou un vasiño para coidalo na casa.

  

Unha actividade marabillosa na que conflúen varios dos proxectos do centro. Noraboa as mestras implicadas e aos nosos nenos....que sigan aprendendo e medrando.... sementando na súas vidas palabras de igualdade.

 

As pedras emocionais. 3º de primaria.

As pedras emocionais. 3º de primaria.

O alumnado de 3º de primaria está aprendendo moito sobre as emocións.

Nestas pedriñas debuxaron cada unha das emocións básicas, así cada día ao chegar a escola poñen sobre o seu pupitre a emoción que senten ese día, como están as súas emocións cada día é importante para que os seus compañeiros poidan comprendelos e axudalos. Un traballo fantástico de este alumnado.

 

 Emotional Stones in 3rd Grade.

3rd Grade students are learning a lot about emotions. Every day, when the arrive to the classroom, they pick up the stone that show how they feel and place it on their table, so they can know how their mates feel and help them.

RUTA DO CAMIÑO DE SANTIAGO E RÍO LARGARTÓN.

RUTA DO CAMIÑO DE SANTIAGO E RÍO LARGARTÓN.

O día 11 de xuño, os nenos e nenas de 2º fixeron a ruta do Río Lagartón, dende o cole ata ao a Senda do Río Lagartón de Guillarei, coa finalidade de divertirse, facer deporte e coñecer o entorno coa súa flora e fauna.

Cos titores fomos cubrindo a credencial que nos levou polo Camiño de Santiago e despois descubrimos a Ruta do Río Lagartón, superando probas increibles.

Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos.

 

  Lagarton River trail

On June 11th, 2nd grade students covered part of the Lagarton River route from our school to Guillarei. It was an amazing activity where they had a great time apart from practice sport and discoverer the environment.



by Dr. Radut