Skip to Content

Monthly archive

Imos practicar Mindfulnes

 

Imos Practicar Mindfulness.

 

Para practicar   Mindfulness temos que:

  • Ter intención de probar.

  • Estar dispostos a tomalo en serio.

  • Seguir os pasos que nos van marcando.

  • Así será máis doado para nós e facilitarémosllo aos compañeir@s de clase...

  • Será importante practicalo todos os días, na escola, na casa, coa familia...así melloraremos .

SEMENTANDO EN IGUALDADE

Non podiamos deixar pasar a oportunidade de mencionar no noso blogue de Voz Natura unha actividade que se realizou con motivo do Día da Muller, dentro das propostas de actividades do equipo da Biblioteca do noso cole.

O 8 de Marzo o alumnado de infantil desfrutou dunha instalación na que a reciclaxe e as sementes foron elementos centrais da mesma. Cada neno puxo nun vasiño reciclado terra e sementes de flores. Os vasiños levaban escritas palabras e frases relacionadas coa igualdade da muller. E agardando que as palabras sementadas florezan e favorezan a igualdade entre homes e mulleres, cada neno levou un vasiño para coidalo na casa.

  

Unha actividade marabillosa na que conflúen varios dos proxectos do centro. Noraboa as mestras implicadas e aos nosos nenos....que sigan aprendendo e medrando.... sementando na súas vidas palabras de igualdade.

 

As pedras emocionais. 3º de primaria.

As pedras emocionais. 3º de primaria.

O alumnado de 3º de primaria está aprendendo moito sobre as emocións.

Nestas pedriñas debuxaron cada unha das emocións básicas, así cada día ao chegar a escola poñen sobre o seu pupitre a emoción que senten ese día, como están as súas emocións cada día é importante para que os seus compañeiros poidan comprendelos e axudalos. Un traballo fantástico de este alumnado.

 

 Emotional Stones in 3rd Grade.

3rd Grade students are learning a lot about emotions. Every day, when the arrive to the classroom, they pick up the stone that show how they feel and place it on their table, so they can know how their mates feel and help them.

RUTA DO CAMIÑO DE SANTIAGO E RÍO LARGARTÓN.

RUTA DO CAMIÑO DE SANTIAGO E RÍO LARGARTÓN.

O día 11 de xuño, os nenos e nenas de 2º fixeron a ruta do Río Lagartón, dende o cole ata ao a Senda do Río Lagartón de Guillarei, coa finalidade de divertirse, facer deporte e coñecer o entorno coa súa flora e fauna.

Cos titores fomos cubrindo a credencial que nos levou polo Camiño de Santiago e despois descubrimos a Ruta do Río Lagartón, superando probas increibles.

Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos.

 

  Lagarton River trail

On June 11th, 2nd grade students covered part of the Lagarton River route from our school to Guillarei. It was an amazing activity where they had a great time apart from practice sport and discoverer the environment.

Deporte en familia. Lugares con encanto

Parque Recreativo  "Alto do Coello"

Randufe, Tui.

Jose Luis de 4° visitou coa súa familia a comezos do mes de outubro, o parque recreativo "Alto do Coello", na parroquia de Randufe en Tui. Alí atopouse cun increíble lugar de lecer, para comer coa familia, xogar no parque, boas vistas de Tui e da comarca e tamén os petroglifos que recentemente foron postos en valor. Un lugar con encanto para visitar en familia. Animádevos a visitalo.

Moitas gracias a Jose e a súa por compartir con nos este fermoso lugar que temos aquí en Tui.

SEGUIMOS COAS LEITUGAS

AS LEITUGAS DAN MOITO XOGO

As leitugas que nos creceron nos bancais de infantil do ano pasado están dando moito xogo. Case todos os niveis aproveitaron para facer algunhas actividades na horta con elas.

Os nenos e nenas de infantil levaron unha cada para a casa.  Nun  vasiños de iogur plantaron cada un a súa e tan contentos que foron.

 

Os alumnxs de quinto de primaria aproveitaron para facer plantación nos bancais de interior e poñelos nunha zona onde lle dea ben o Sol.

Moi bo traballo!! Seguide así. Este ano imos ter leitugas dabondo.

 

 

 

 

Os nenos e nenas de primaria tamén plantaron leitugas nun dos bancais exteriores. 

 

 

ECO-PATRULLA

 

ECO-PATRULLA EN MARCHA

Curso 21-22

 

Xa temos funcionando o equipo Eco-Patrulla e fan unha labor primordial no centro. Está formado por 6 nenos e nenas de 6º e 5º de primaria, que van rotando por semanas. 

As súas tarefas son:

-Revisar a horta, sacar malas herbas se houbese moitas e regar.

-Revisar todas as plantas do colexio e regar unha vez por semana.

-Manter o circuito da Milla en boas condicións e informar se hai algún desperfecto.

-Cando comecemos as tarefas de compostaxe terán algunhas responsabilidades que aínda están por determinar.

-Revisar os bancais de interior e regar se é preciso.

Todo isto queda rexistrado no libro da Eco-Patrulla.

 

Alimentación saudable

Alimentación Saudable.

Semana da Froita

Continuamos coas semanas de froita fresca que dende fai varios cursos, Lúa nos trae ao cole. Dende o 14 ao 27 de xaneiro, gozamos de froita de tempada coa axuda do FOGGA. Esta vez tivemos arándanos, mandarina, clementina, piña, uvas, mazá, pera e plátano respectivamente.

É moi importante implantar un bo hábito alimenticio para ter unha boa saúde, se isto se consegue dende a infancia será máis sinxelo de acadar. Esperamos que este proxecto sexa un paso máis para conseguilo.

Contamos  coa imprescindible axuda dos mestres na preparación de toda esta froita e  no seu reparto polas distintas aulas. Grazas unha vez máis!.

O xoves 14 de xaneiro merendamos plátano riquísimo.

O venres 15 degustamos Arándanos deliciosos.

O Luns 18 de xaneiro comemos no recreo plátanos ben ricos.

 O martes 19 de xaneiro atrevémonos coas mandarinas e clementinas que estaban ben sabrosas.

 O mércores 20 de xaneiro tomamos uvas de moi boa calidade.

 

 O Xoves 21 tocounos probar as mazás.

O venres 22 recuperamos o sabor das mandarinas e clementinas que estaban ben deliciosas.

O luns 25 de xaneiro chegou o turno das peras.

O martes 26 foi o derradeiro día da mandarina e clementina.

Rematamos o mércores 27 de xaneiro co plátano, unha das froitas que máis nos gusta a maioría dos nen@s.

 Fresh Fruit Workshop

We continue with our “Fresh Fruit Workshop”. From 14th to 27th of January, our school receives some seasonal fruit for us. This time, we could enjoyed eating some blueberries, pineapple, grapes, bananas or apples.

It is really important that our children achieve a healthy lifestyle  so we must work with them since they are really young.

Erasmus+ na Prensa. El Colegio Nº2 de Tui promueve estilos de vida saludables con el programa Erasmus+

 

Erasmus+ na Prensa.

Publicación Facebook Radio Muncipal de Tui 22/Novembro/2021. O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui remata con éxito o seu 1º Proxecto Erasmus+

Publicación Twitter Radio Muncipal de Tui 22/Novembro/2021. O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui remata con éxito o seu 1º Proxecto Erasmus+

Publicación Facebook Infomiño 16/Novembro/2021. O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui remata con éxito o seu 1º Proxecto Erasmus+

Publicación Instagram Ceip Nº2 de Tui 17/Novembro/2021. O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui remata con éxito o seu 1º Proxecto Erasmus+

Publicación Infomiño 16/Novembro/2021. O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui remata con éxito o seu 1º Proxecto Erasmus+

Publicación Infomiño 23/Xuño/2021. O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui recibe o Intercambio de alumnado Erasmus+

Publicación Infomiño 17/Abril/2021. Prensa dixital. Intercambio de alumnado Erasmus+ do alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Nº2 de Tui a Torrevieja Alicante.

Publicación Galiciasuroeste 16/Abril/2021. Prensa dixital. Intercambio de alumnado Erasmus+ do alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Nº2 de Tui a Torrevieja Alicante.

Entrevista de Radio Cadena Ser Baixo Miño programa Hoy por Hoy Baixo Miño 08/Abril/2021 ( Min 0:20:18). Programa de radio. Conociendo como funciona Erasmus+ en el que participa el CEIP Nº2 de Tui 

(Premer na imaxe para escoitar a entrevista a partires do minuto  0:20:18)

Publicación Infomiño 26/Mar/2021. Prensa dixital. O CEIP Nº2 de Tui é un colexio Erasmus+

 

Publicación Galiciasuroeste 25/Mar/2021. Prensa dixital. O CEIP Nº2 de Tui é un colexio Erasmus+

Publicación Facebook Radio Municipal de Tui 09/Out/2019. Prensa dixital. O profesores do CEIP Nº2 de Tui participa até este venres no III Evento Conxunto de Formación en Dublín no proxecto Erasmus +

 

Publicación Infomiño 09/Out/2019. Prensa dixital. O CEIP Nº2 de Tui participa en Dublín nun evento de formación do profesorado Erasmus +

Publicación Telemariñas 08/Out/2019. Prensa dixital. Tres mestres do CEIP Nº2 de Tui participan en Dublín nun evento de formación de profesorado.

 

Publicación Faro de Vigo 09/Xun/2019. Prensa dixital. Intercambio escolar Tui  con Figueira da Foz.

 

Publicación Atlántico.net Diario 06/Xun/2019. Prensa dixital Información Área Metropolitana. Eramus+ un el colegio Tui 2 con Figueira da Foz.

 

Publicación Atlántico Diario 06/Xun/2019. Prensa escrita Información Área Metropolitana. Eramus+ un el colegio Tui 2 con Figueira da Foz.

 

Publicación Infomiño.com 04/Xun/2019. Prensa dixital. Intercambio de alumnado de 6º de Educación Primaria do Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui a Figueira da Foz en Portugal.

 

 

Publicación Facebook Radio Municipal de Tui.  22/Mai/2019. Prensa dixital. 60 alumnos do CEIP nº2 de #Tui están até este venres en Figueira da Foz nun intercambio co Agrupamento de Escolas da Zona Urbana dentro do proxecto Eramus+

Publicación Infomiño.com 21/Mai/2019. Prensa dixital. Intercambio de alumnado de 6º de Educación Primaria do Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui a Figueira da Foz en Portugal. Erasmus+

Publicación Valença.Tui.com 20/Xan/2019. Prensa dixital Información da Eurocidade Tui-Valença. Profesorado do Nº2 de Tui participa en un evento formativo en Irlanda do Norte.

 

Publicación Infomiño.com 20/Xan/2019. Prensa dixital. Profesorado do Nº2 de Tui participa en un evento formativo en Irlanda do Norte.

Publicación Faro de Vigo 20/Nov/2018. Prensa digital. Jornada abierta de hábitos de vida saludables hoy en el CEIP Nº2 de Tui .


Publicación Faro de Vigo 1/Nov/2018. Prensa digital. El colegio Nº2 de Tui promueve hábitos de vida saludable con el programa Erasmus+.


Publicación Faro de Vigo 1/Nov/2018. Prensa escrita. El colegio Nº2 de Tui promueve hábitos de vida saludable con el programa Erasmus+.

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

... En galego hoxe, en galego sempre...

Feliz Día das Letras Galegas...

 



by Dr. Radut