Skip to Content

Monthly archive

Mindfulness. Recursos para as Emocións.

Mindfulness.

Recursos para traballar as emocións.

Mindfulness estanos a dar a oportunidade, de mellorar en moitos aspectos da nosa vida. 

Ter un mellor Control Emocional é fundamental para ter una vida plena, e axudaranos a guiar ao noso alumnado e fill@s, para que teñan estratexias axeitadas, para unha boa xestión das mesmas.

No blog de Orientación do noso centro atopamos ampla información sobre:

  • O Benestar Emocional. Propostas de actividades.

  • Programas de Intelixencia Emocional. Propostas de actividades para os diferentes niveis educativos.

 

VISITA Á GRANXA KIRIKO

 VISITA Á GRANXA KIRIKO

Éstas son as fotos da nosa visita á granxa Kiriko, onde por un día os nenos e as nenas de cuarto achegáronse á realidade da vida nunha granxa, para descubrir estilos de vida saudables e sostibles.   

Ademais practicaron tiro con arco, participaron en carreiras de orientación  na natureza e realizaron xogos de educación ambiental. 

  

  

  

  

      

 

 Kiriko Farm

4th grade students experience the farmers' life in Kirico. Tehy had a great time taking care of the animals. Besides, they practice archery and some orientation and environment games.

Promoción de Bádminton

Promoción de Bádminton.

O pasado venres 10 de setembro, estiveron con nós Javier, Marisa e Jonathan do Club Bádminton Tui. Contáronnos moitas cousas interesantes sobre o bádminton e invitáronnos a practicalo cando queiramos, no seu club. Moitas gracias.

Aquí vos deixamos información dos lugares e horarios de adestramento.

CONCURSO " AS AVENTURAS DE MELUCHA"

CONCURSO DE REDACCIÓN

AS AVENTURAS DE MELUCHA.

Curso 2021-22

Dende "Miel de Galicia" chegounos este concurso de redacción tan interesante e invitámosvos a participar.

 

As tres mellores historias serán ilustradas e editadas para que formen parte da biblioteca da escola.

 

 

Que teño que facer para participar

Para participar escribe un conto coas aventuras da abella Melucha  seguindo as bases que aparecen a continuación.É doado, debe estar escrito en en folios DinA 4, a man, en galego e un máximo de 5 folios.

Achégallo ao teu profe antes do 11 de novembro.

Bases completas

1. “As aventuras de Melucha” é un concurso literario co tema central do concurso “Mel de Galicia”, Melucha dende a flor ao tarro.

2. Poderán participar nenos e nenas matriculados en Educación Primaria de Colexios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Os traballos presentaranse en formato DinA4, escritos a man e con redacción en galego, máximo 5 folios.

 

5. Os tres mellores contos serán ilustrados e editados no libro “As aventuras de Melucha”.

6. Os cativos e colexios poderán optar aos seguintes premios:

Para os tres cativos gañadores un lote de Mel de Galicia, máis dez exemplares do libro “as aventuras de Melucha” e un diploma acreditativo.

– Para os trinta primeiros colexios que envíen os contos o premio será un hotel de insectos e un exemplar do libro “As Aventuras de Melucha”.

 

Esperamos as vosos contos! 

ZONA DAS SEMENTES

 

ZONA DAS SEMENTES

Curos 21-22

 

Este ano gracias a vós imos ter una colleita moi ecolóxica, temos sementes de sobra para plantar. 

Coma sempre é un pracer contar con familias así que se apuntan a participar e colaborar con calquera actividade ou proposta que facemos, que as veces sabemos que pode facerse complicado debido ao nivel de vida que levamos pero sempre sacades un oco.

Esta é un pequeno vídeo con todas as sementes que nos foron chegando ao longo destes días.

Agora empezaremos a facer semilleiros e na primavera xa poderedes empezar a ver os froitos na horta.

 

 

Formación para mestres e familias.

 

Experiencias Mindfulness 

para mestres e familias.

Como mestr@, pai/nai se queremos investigar e saber máis sobre Mindfulness, a continuación dispoñemos de algúns contidos, que poden resultar sinxelos e de interese.

1. Beneficios do Mindfulness e 5 exercicios de relaxación para nen@s, da canle Recursos Aula.

2. Explicación de Mindfulness e 8 exercicios para nen@s da canle Meditación guiada Elefante Zen.

 

3. Mindfulness contra o estrés de Patricia Díaz-Caneja.

4.21 Exercicios de Mindfulnespara nen@s,do Instituto Nacional de Neurociencia de México .

5. A importancia do Mindfulness na etapa de Educación Infantil. Unha reflexión de Elisenda Pallás e Joost Scharremberg.

6. Nenos felices, tranquilos e relaxados é unha proposta de Rebeca Lafuente sobre Mindfulness con recursos interesantes para Educación Infantil e Primaria.

 

7. 126 Dinámicas de Educación Emocional é un blog de  Fernando Navarro, onde a Educación Emocional é un pilar fundamental para o día a día de un docente ou de unha familia. Contén recursos interesantes para Educación Infantil e Primaria.

 

8. Técnicas de Relaxación para nen@s é un blog con pequenos vídeos para traballar a relaxación, os distintos tipos de respiración. 

 

9. Vídeo de Meditación guiada para dormir. Este vídeo é un conto para que o alumnado consiga durmir profundamente... 

10. Vídeo de Meditación  para dormir:  Este vídeo é un conto para que o alumnado consiga durmir profundamente...  

 

11. 5 Xogos que potencian a Atención e a Percepción Visual... Este vídeo mostranos 5 vídeos con materiais que potencian a atención e a percepción visual do alumnado.

11. Técnicas de Relaxación para nen@s é un blog con xogos de relaxación para aprender a xertionar os distintos tipos de emocións e sentimentos: rabia, tristeza, frustración, inseguridade...

 

23 DE ABRIL DE 2021.- DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril é o día do libro. O equipo da Biblioteca fixo un vídeo precioso e o alumnado de infantil tamén o celebrou cunha actividade no noso salón de actos. Todos os proxectos do cole están relacionados entre sí...e nesta actividade estabamos presentes a través da reciclaxe.....os nenos atopaban libros feitos de cartón reciclado con sorpresa no seu interior.

Animámosvos a que visitedes o blogue da Biblioteca para saber e ver máis sobre este día no cole premendo na seguinte imaxe.

 

Actividades no medio Acuático: Piragüismo Xornadas de Promoción Deportiva Club Kaiak Tudense.

Actividades no medio Acuático: Piragüismo

Xornadas de Promoción Deportiva

Club Kaiak Tudense.

Durante as últimas semanas do mes de xuño o alumnado de 4º,5º e 6º, tiveron a oportunidade de gozar de actividades acuáticas no Río Miño. Da man do Club Kaiak Tudense, coa colaboración de Manuel Pedrares e os seus compañeiros de club,  o noso alumnado pasou a mañá en kaiak para achegarse ao piragüismo e quen sabe se algún chegará a ser unha promesa de este deporte.

Moitísimas grazas a Manuel Pedrares, aos seus compañeiros e ao Club Kaiak por toda a súa colaboración e por darnos a oportunidade de realizar fantásticas xornadas coma estas.

 

Kayaking. Tui Kayak Club

During these last weeks in June, 4th, 5th and 6th grade had the chance to enjoy some water activities in Miño River. Thanks to Manuel Pedrares and his mates, our pupils spent a great day practicing kayaking.



by Dr. Radut