Skip to Content

Monthly archive

Promoción de Natación.

 

Promoción de Natación.

O pasado mércores 15 de setembro de 2021, tivemos a visita de Juanjo España. Juanjo é monitor de natación nas piscinas de Valença e de Monçao. El explicounos con moito detalle o importante que é aprender a nadar, tan importante coma andar e correr, sobre todo tendo ao Río Miño aquí tan pretiño.

Moitísimas grazas Juanjo por contarnos cousas tan interesantes.

 

LEVAMOS LEITUGAS PARA CASA

 

LEVAMOS LEITUGAS PARA PLANTAR NA CASA

Curso 21-22

Os nenxs de 5 anos plantaron leiutugas nos vasos de iogur que reciclaron na aula. Están a tope co proxecto Naturiza-T, implicando ás familias no coidado das plantas, o reciclado e o consumo de productos autóctonos. Fomentamos así un estilo de vida saulable e feliz.

Leváronas para a casa para transplantar nas súas hortas, ou testos e coidalas.

 

 

Esperamos algunha fotiño para ver como crecen!!

3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

   O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria colaborou, xuntamente con outros coles,  coa asociación Vontade de Tomiño enviando cuestións e dúbidas sobre a discapacidade. 

   Como resultado, as persoas integrantes desta asociación, crearon o vídeo que podedes ver premendo no seguinte link:

 

https://drive.google.com/file/d/1skuUnelvTBea-EJm-9Tf2hoG0Fsdwocy/view?usp=sharing

 

Moitas grazas, Vontade!

Imos practicar Mindfulnes

Imos Practicar Mindfulness.

Para practicar   Mindfulness temos que:

  • Ter ganas de probar.

  • Estar dispostos a tomalo en serio.

  • E seguir os pasos que nos van marcando.

  • Así será máis fácil para nós e facilitarémosllo aos compañeir@s de clase...

  • Será importante practicalo todos os días, na escola, na casa, coa familia...así melloraremos .

SEMANA DA PRENSA .- MARZO 2021

Na semana da prensa, do 8 ao 12 de marzo, o alumnado do cole puido traballar con exemplares de prensa escrita nas aulas. Dende o EDLG, deixámosvos un video dos nenos de 5 anos B, que aproveitaron para facelo en galego.

Seguro que no blogue da Biblioteca do cole tedes máis vídeos e imaxes da súa proposta de traballo para esta semana. Visitade o blog da Biblio!!

Preme na imaxe para ver o vídeo dos alumnos de 5 anos B:

 

 

Por último, deixamos uns enlaces a algún periódico en galego...por se vos apetece ler noticias tamén na nosa lingua:

https://www.nosdiario.gal/

https://diarioluso-galaico.com/

https://www.xornaldelugo.com/

http://www.anovapeneira.gal/

http://xornaldevigo.gal/

https://galego.farodevigo.es/

https://www.diariodepontevedra.es/gl

https://galego.lavozdegalicia.es/

 

Especificar que o equipo só pretende facilitar a lectura de noticias en galego. Non escollimos baixo ningún criterio uns periódicos por riba doutros. Se buscade na rede, atoparedes máis periódicos que poden ter edición en galego.

 

 

 

 

 

Mindfulness. As Emocións: Sorpresa, Ira.

Mindfulness.

As Emocións: Sorpresa, Ira.

Coa axuda do  Mindfulness podemos Ter un mellor Control

Emocional. 

Esta semana traballaremos algunhas das emocións, que están presentes no noso día a día para ir coñecéndoas ben: Sorpresa, Ira.

Enquisa viaxe virtual Tui.

Enquisa viaxe virtual Tui.

Despois de tres días virtuais cos compañeiros de Figueira da Foz e Torrevieja, é momento de facer valoración das propostas. Usade un vocabulario acorde coa entrevista, no que a vosa opinión sexa dende o respeto e agradecemento ao traballo realizado polos compañeiros de Tui. Ao ser un documento oficial, non é apropiado usas emoticonos, caras, etc... Coma se fose un documento informal. Grazas pola vosa axuda e boa predisposición.

ERASMUS+ TUI  VIRTUAL MEETING APRIL 2021

Deporte en Familia. Rutas con Encanto

Vistas Panorámicas do Cervo.

Vilanova de Cerveira. Portugal.

Jose Luis de 4° visitou coa sua familia a comezos do mes de outubro, o cervo e o culumpio de Vilanova de Cerveira. Dende allí contemplou as fermosas vistas do estuario do río Miño. Un lugar con encanto para visitar en familia.

Moitas gracias a Jose e a súa por compartir con nos este fermoso lugar, así que animadevos a visitalo e gozar das impresionantes vistas.

Xornada de Xogos Populares para 6º.

Xornada de Xogos Populares para 6º.

Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño

Xoves, 11 de novembro de 2021

            Xornada de Xogos Populares, en horario escolar de mañá, tivo lugar o vindeiro xoves día 11 de Novembro de 2021. A proba levouse a cabo nas Instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño, dentro do recinto escolar e instalacións deportivas do mesmo.  Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as de 6º de Educación Primaria, que competiron por equipo clase  e asistiron á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.

Aquí vos deixamos as fotos da xornada, moitas grazas a Agrudebam e a todas as escolas por permitirnos xornadas tan divertidas.

Deporte en Familia

Muíños do Tripes.

Deporte en Familia.

 17 outubro de 2021.

Carlota de 4ºA, visitou coa súa familia, a ruta dos Muíños do Tripes en Tui, o domingo 17 de outubro. Aproveitando este momento do outono, fixo unhas fotos estupendas que quixo compartir con nós.

Moitas grazas a Carlota e a súa familia.



by Dr. Radut