Skip to Content

Monthly archive

Revista Escolar "A Corredoria Dixital"

 Números anteriores Revista Escolar 

 

Curso 10-11 (nº8)

Curso 09-10 (nº7)

Curso 08-09 (nº6)

Curso 07-08 (nº5)

 

 


 

Prema no número da revista que lle interese para botar un ollo !!!

 

Actuación 7

Sorry, flash is not available.

Sorry, flash is not available.

Calendario escolar 2015/2016

 No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, as clases comezarán o día 11 de setembro de 2017  e rematarán o 21 de xuño de 2018.

 

  Períodos de vacacións

  • Nadal: desde o día 22 de decembro de 2017 ata o día 7 de xaneiro de 2018. ambos os dous inclusive.
  • Entroido: días 12,13 e 14 de febreiro de 2018.
  • Semana Santa:

Solicitada autorización á Xefatura Territorial, para o cambio das vacacións de Semana Santa e San Telmo ao período comprendido entre o día 29 de marzo e 09 de Abril de 2018, ambos inclusive.

 

   Días non lectivos

   Ademais das festas de ámbito estatal, os festivos declarados pola Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local, establécese o Día do Ensino, coa consideración de non lectivo, o 07 de decembro de 2017.

 

5 AÑOS

Sorry, flash is not available.

Visita ó Centro Interfederado de Remo e Piragüismo

 

 

Os nen@s de 5º e 6º pasamos un día xenial no noso río Miño.

 

                               

 

 

Espazo de Música

https://sites.google.com/site/numero2musicatui/

Charla-Coloquio

Charla-coloquio Ceip Nº2 de Tui

Deportes de Río. Deportes Olímpicos”

2-3-4 de Abril 2012

No noso centro xiramos ao redor de “ O río Miño” e como no 3º trimestre mergullaremonos no estudo das embarcacións do mesmo,  como adianto teremos esta semana tres xornadas, nas que deportistas de élite do noso entorno próximo visitarannos, contando as súas aventuras e  experiencias vinculadas ao deporte de élite.

Con esta iniciativa tratamos de achegar ao noso alumnado, aos deportes do Río e entorno próximo e aos deportes olímpicos, sobre todo  este ano, no que se celebrarán as Olimpiadas de Londres 2012 e na que teremos representación tudense.

As Charlas- coloquio de estes deportistas centraranse en:

  1. Presentación dos deportistas e deporte.

  2. Se son ou non ex-alumnos do Ceip Nº2 de Tui.

  3. Como comenzaron no deporte a nivel escolar: que deportes practicaban cando eran nenos, donde, títulos, etc…. ( fotos desa época)

  4. Deporte actual. Cando é e como comezaron a practicar este deporte no seu clube actual.

  5. Logros, competicións, medallas. (Fotos ou videos).

  6. Deportistas con grandes logros do seu clube.

  7. Equipaxes e vestimenta nese deporte.

  8. Tipos de materiais que se usan: tipos de barcos, características, balóns, etc…

  9. Conclusións, preguntas, etc… Foto de grupo cos nosos alumnos.

Este guión vainos permitir seguir unha mesma estructura diaria, para que os nosos/as alumnos sigan a mesma liña de traballo en todas a modalidades deportivas, que estarán presentes as 3 xornadas.

Durante os 3 días os nenos/as do Ceip Nº2 de primaria disfrutarán en sesións de 1 hora diaria, das peripecias destes grandes deportistas que servirán de reflexo para eles nun futuro próximo. Moitos deles foron antigos alumnos do noso centro e despois dunha dura etapa de esforzo e sacrificio conseguiron chegar ao máis alto do deporte olímpico.


O luns adicarémolo a balonmán e Natación con Aletas

Os representantes destes deportes son:

Balonmán:

 1. Carla Diz Sierpes, na actualidade Árbitro Internacional de Balonmán, pitará o vindeiro mes de abril  o Campionato Escolar do Mundo en Suecia, xunto con outra tamén tudense Ana Correa. Ambas son ex-xogadoras do Club Balonmán Tui e no caso de Carla tamén é antiga alumna do Ceip Nº2 de Tui.

 2. Ana Rodríguez Rodríguez, na actualidade xogadora da máxima categoría feminina do Club Balonmán Porriño. É antiga xogadora do Club Balonmán Tui, lugar no que se formou. Tamén é antiga alumna do Ceip Nº2 de Tui. Ana participou en numerosas ocasións coa Selección Galega de Balonmán en categorías base e absoluta en Campionatos de España.

 

Natación con Aletas:

  1. Juanjo España. Adestrador nacional de Natacional, fundador e adestrador do Club Baixo Miño Galicia de Natación con Aletas.

  2. Brais Urceira. Atleta do Club de Natación con Aletas Baixo Miño Galicia. No seu palmarés ten diversas participacións en Campionatos de España, Xogos Atlánticos, etc…. Brais é antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui.

  3. Marta Rodríguez. Atleta do Club de Natación con Aletas Baixo Miño Galicia. No seu palmarés máis destacado dicir, que é Campiona de España en diversas modalidades de natación con aletas en diversas edicións, tamén participou nos Xogos Atlánticos, etc….

  4. Iván España. Atleta do Club de Natación con Aletas Baixo Miño Galicia. No seu palmarés máis destacado dicir, que é Campión de España en diversas modalidades de natación con aletas en diversas edicións, tamén participou nos Xogos Atlánticos, etc….

 

O martes adicarémolo a Remo, Ciclismo e Triatón.

Os representantes destes deportes son:

Remo:

1.      Francisco Javier Alvarez. Presidente do Club Remo Tui. Antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui. No seu palmarés deportivo destacar as súas victorias en diversos campionatos de España, de Portugal e Galicia tanto en categorías base: infantil, cadete, etc… como en categorías adultas e veteráns. A máis recente, Campión de España de 4 con Timonel na pasada edición da mesma, así como subcampión de España de 8 con Timonel etc….

2.      José Plácido Glez Espiñeira. Adestrador e deportista  do Club Remo Tui. Antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui. No seu palmarés deportivo destacar as súas victorias en diversos campionatos de España, de Portugal e Galicia tanto en categorías base: infantil, cadete,etc… como en categorías adultos e veteráns. A máis recente, Campión de España de 4 scull na pasada edición da mesma, así como subcampión de España de 8 con Timonel, etc….

3.      Alfonso Ribeiro. Adestrador e deportista  do Club Remo Tui. No seu palmarés deportivo destacar as súas victorias en diversos campionatos de España, de Portugal e Galicia tanto en categorías base: infantil, cadete,etc… como en categorías absolutas.

 

Ciclismo e Triatlón:

  1. Gustavo Rguez Iglesias. Ciclista profesional que participou na Volta España 2010 nas filas co Club Xacobeo Galica, cuns excelentes resultados, na actualidade milita no Club Cidade Fluvial adicandose a competición de Triatlón, Duatlón, etc.. É antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui e Antigo Mestre de Educación Física en Prácticas do mesmo. No seu palmarés destacar os seus títulos acadados tanto na súa época como ciclista profesional en Portugal: nas distintas edicións da volta a Madeira, na volta ao Algarve, na volta a Trasmontes,etc… como na súa época profesional en España: Campión galego de C.R.I., Campión galego de fondo, etc..

    O seu título máis destacado foi na edición da Volta a España 2010 onde traballou nas filas do  seu equipo Xacobeo-Galicia para que este se proclamara Subcampeón da Volta a España tendo como lider de filas a Ezequiel Mosquera.

    Na actualidade milita nas filas do Club Cidade de Lugo de Triatlón e Duatlón dende a temporada pasada, colleitando os seguintes logros nun ano: 2º posto no ranking nacional de duatlón, duatlón cross e superanking da fetri, o 3º posto no Campionato de España de duatlón cross, o 3º posto no Campionato Iberoamericano de duatlón cross e o 4º posto no campeonato de España de triatlón de longa distancia.

  1. Aida Valiño Gómez. Triatleta profesional do Club Cidade de Lugo Fluvial. Dedicase dende fai anos a distintas modalidades deportivas: natación donde colleitou os seus primeiros logros, a campo a través, duatlón e Triatlón. No seu palmarés destacar as súas victorias en diversos Campionatos de España de Duatlón, Duatlón cross, Triatlón, a súa participación en diversos Campeonatos de Europa de duatlón, Triatlón, así como distintos Campionatos do Mundo destas e outras modalidades deportivas. Na actualidade está preparando con moito entusiamo  a súa clasificación para os xogos olímpicos de Londres.

 

 

O mércores derradeiro día das xornadas adicarémolo a Piragüísmo e Sky acuático.

 Os representantes destes deportes serán:

Piragüismo:

  1. Manuel Garrido. Actual Tricampión do Mundo de Maratón ( pendente de confirmar a súa asistencia por mor dos adestramentos). Deportista de élite do deporte tudense do Club Kayak Tudense. Ten no seu pamarés 3 Campionatos do Mundo de Marathón, así coma outros títulos tanto a nivel nacional, coma internacional.

  1. Diego Piña. Deportista de élite do deporte tudense do Club Kayak Tudense. Ten no seu pamarés diversos títulos en campeonatos nacionais, así coma outros  en campionatos internacionais.

  1. Leticia Piña. Deportista de élite do deporte tudense do Club Kayak Tudense. Ten no seu pamarés diversos títulos en campeonatos nacionais, así coma outros  en campionatos internacionais.

  1. Jose Luis Bouza. Deportista de élite do deporte tudense do Club Kayak Tudense. Ten no seu pamarés diversos títulos en campeonatos nacionais, así coma outros  en campionatos internacionais. Destacar o seu 3º posto na Copa do Mundo en Pista en Maio 2010.

  1. Silvia Vázquez. Deportista de élite do deporte tudense do Club Kayak Tudense. Antiga alumna do Ceip Nº2 de Tui. Ten no seu pamarés diversos títulos en campeonatos nacionais, así coma outros  en campionatos internacionais. Destacar a súa participación coa Selección Española en distintos Campionatos de Europa,etc…

 

Sky Acuático:

  1. Susana Méndez. Monitora-adestradora do Club Náutico San Telmo de Tui de Sky acuático. Destacar que este é un deporte novedoso no noso río, que trata de mostrar aos nosos nenos as posibilidades do Miño. Sen grandes logros neste deporte, Susana é unha entusiasta de esta disciplina deportiva, o que trata de transmitir aos seus deportistas para que cheguen ao máis alto do palmarés nacional. Destacar que Susana ademáis, é xogadora de Balonmán no Club Balonmán Tui e xogou na máxima categoría de este deporte nas filas do Club Balonmán Porriño.

 

  1. Teté Sánchez-Agustino Rodríguez. Monitora-adestradora do Club Náutico San Telmo de Tui de Sky acuático. Destacar que este é un deporte novedoso no noso río, que trata de mostrar aos nosos nenos as posibilidades do Miño. Teté xunto con Susana son dúas entusiastas de esta disciplina deportiva, o que tratan de transmitir aos seus deportistas para que cheguen ao máis alto do palmarés nacional. Destacar que Teté ademáis, de adestradora e deportista de Sky acuático tendo no seu palmáres distintos títulos tanto nacionais coma internacionais.

 

En sesións dunha hora distribuirase ao alumnado de primaria do noso centro, un total de 400 alumnos/as que escoitarán de primeira mán, destes grandes deportistas a mellor cara do deporte deixando un bo sabor de boca, para que sigan os seus pasos.

Agradecer a todos os clubes do entorno do Río Miño e aos seus deportistas o seu apoio nesta iniciativa. Agradecer a participación e esforzo de estes ídolos deportivos, que deixarán por unha xornada os seus adestramentos diarios para achegarse aos máis pequenos e facer “Escola de futuras promesas do deporte”.

Asimesmo, o noso agradecemento a todos aqueles outros deportistas que nos mostraron o seu apoio e que por motivos de traballo ou adestramentos non poderán estar con nós nesta ocasión, pero que tentaremos contar con eles en próximas edicións.

Valorar o traballo diario de todos os clubes do noso entorno que ainda que nesta ocasión, por motivos organizativos non estarán presentes, sabemos que están facendo un gran traballo e que tentaremos contar coa súa presencia en vindeiras edicións. Moitas das xeracións de antigos e pequenos alumnos do Ceip Nº2 de Tui forman parte de eses grandes deportistas, adestradores, directivos, delegados, etc… de todos eses clubs que fan posible día a día, que o deporte siga formando parte das súas vidas.



by Dr. Radut