Skip to Content

Monthly archive

Os Grelos de 6º de Educación Infantil xa case están listos para comer

Os Grelos de 6º de Educación Infantil

xa case están listos para comer.

Curso 21-22

O alumnado de 6º de Educación Infantil, plantaron no mes de outubro a semente de grelos para facer receitas saudables. Aquelas sementes foron medrando e agora no mes de xaneiro xa teñen un bonito tamaño.

A nosa Horta

O alumnado de 5º planta millo.

 

O pasado 4 de marzo o alumnado de 5ºA e 5ºB que colabora a diario na horta, plantou millo, que medraron na  aula de 5ºA durante o mes de xaneiro. Dende o pasado venres están na horta, onde esperan que medren boas espigas para facer fariña de millo. Que rico!

Deporte na Escola

 

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

Categoría Alevín

 O vindeiro martes 26 de abril, dará  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo e merenda. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

 

 

A Nosa Horta

 Sacamos malas herba ao  MILLO de 3ºA.

Curso 21-22

O MILLO que plantou a clase de 3ºA, xa está medrando. No mes de maio coidamos del, sacando as malas herbas que saen no medio.

Deporte en Tui

Promoción de Piragüismo.

O pasado martes 20 de setembro o alumnado de 5º desprazouse ata as instalacións do Club Kayak Tudense. Alí gozaron de unha xornada en piragüas na que ademáis de pasámolo moi, moi ben, traballaron o compañerismo, a cohesión etc... Tamén nos convidaron a ir a probar as súas clases de kaiak polas tardes.

Moitas grazas a Buzo e a Matias por aportarnos tanto.

Lecturas Deportivas

0-gifs-animados-mariposas.gif (320×320) | Imagenes de mariposas brillantes,  Papel pintado de mariposa, Arte de mariposaFormigas. Misión Tokyo.Gifs de Deportes - Artes Marciales

Daniela 5ºA.

Formigas é unha boa aventura de misterio que hoxe día 24 de novembro de 2022, nos presenta Daniela de 5ºA. 

O libro ten 4 protagonistas integrantes dos Formigas, unha brigada especial, que vai ata Tokyo ou calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados, facendo uso das artes marciais. Está escrito por Pere Tabaruela, de lingua galega e publicado pola editorial Xerais Galicia S.A.

FORMIGAS. MISIÓN TOKYO

Unha lectura de 100 follas aproximadamente, cunhas ilustracións das que Daniela dixo que eran moi chulas.

Moitísimas grazas Daniela.  

Lecturas Deportivas

Gifs Animados de SolesO Principiño.

Cecilia 5ºB.

Hoxe, xoves día 15 de decembro de 2022, Cecilia de 5ºB, presentounos un libro de

histórico pero moi atractivo, para  lectores actuais " O Principiño".

 

Unha fantástica reflexión sobre a amizade, o amor, a responsabilidade e o sentido da vida. 

el principito-antoine de saint exupery-9788478887194

Excelente elección Ceci!

A Milla

Plantación de froiteiras no patio.

No mes de Xaneiro, despois de facer moitas millas durante o 1º trimestre, recibimos un agasallo especial.

Unha carta onde se nos recoñecía que fixéramos moitas millas, tantas que percorremos todos os Parques Naturais e Reservas da Biosfera de Galicia.

Se visitades os 7 Parques que ten Galicia, selando o Pasaporte Natural, podedes gañar un fantástico agasallo. Preme no pasaporte para máis información.

E como agasallo cada clase recibimos unha árbore para plantar no patio da nosa escola.

 

O Concello axudounos a facer os buratos. Moitas grazas!. E nós puxémonos mans ao asunto. Mirade que chulo quedaron plantados.

Deporte na Escola

Deporte na Escola

Calendario de Competición 2º e 3º Trimestre

Curso 21-22

Aquí vos deixamos a previsión de actividades para o 2º e 3º trimestre de este curso 2021-2022. Esperamos que participedes moitos. Preme na imaxe para ver con detalle.



by Dr. Radut