Skip to Content

Monthly archive

1º

Lecturas Deportivas

Gifs animados de Maletas, animaciones de MaletasA diversión de MartinaSombrero Paja Dama Col.natural Cinta Negra Mod.capelina | MercadoLibre

Sara de 5ºA.

A diversión de Martina " Fin de Curso en el Paraiso" é un libro de aventuras, que Sara de 5ºA e Gabriela de 5ºB, nos propuxeron ler, o xoves día 24 e o mércores 30 de novembro de 2022  . 

Este volumen conta a viaxe dun grupo de amigas, que deciden festexar o seu fin de curso nunha praia, na que lles sudecen multiples aventuras. Está escrito por Martina D'antiochia e publicado pola Editorial Montena.

fin de curso en el paraiso (la diversion de martina 4)-martina d antiochia-9788417460464

Este libro pertence a unha colección máis ampla que podedes atopar na biblioteca, ou en calquera libraría.

Exposición de Coroas de Nadal

Aquí vos deixamos un fermoso vídeo da exposición de coroas de Nadal. Todas elas feitas en familia con materiais de refugallo.
Moitas grazas a todas as familias!
BO NADAL!
 

SEMENTEIROS

4°B preparamos os sementeiros para a horta.

   

O alumnado de 4°B plantamos sementes ao final do mes de Xaneiro. Estas sementes gustaríanos que medraran para levar para casa e para poñer na horta da escola.

Agora temos que regalas e esperar a que medren, xa vos iremos contando.

Deporte en Tui

Campionato Galego

Grupos Show grandes e pequenos.

Sábado 26  e Domingo 27 de Marzo

Pav. Municipal Gustavo Rodríguez.

Os vindeiros sábado 26 e domingo 27 de marzo, terá lugar no Pavillón Municipal Gustavo Rodríguez de Tui o Campionato Galego de Grupos Show grandes e pequenos de patinaxe, organizado polo CPA Ribex. Animámos a todo o alumnado a gozar de esta excelente actividade en Tui.

 

LIMPAMOS O PATIO

 

RECOLLIDA DE LIXO

CURSO 21-22

 

Encántanos ver como xurden iniciativas dos propios rapaces e rapazas. Os alumnos de 4º decidiron facer equipos de recollida no patio porque viron que había algo de lixo.

 Estas actividades espontáneas, que os mestres e mestras apoiamos e fomentamos, fannos moitísima ilusión.

Bo traballo equipo!!

 

 

A nosa horta

3ºA Planta Millo e Xirasois.

En abril de 2022, o alumnado de 3ºA decidiu plantar millo e xirasois, ao lado da plantación de trigo. Tiveron que preparar o terreo, facer os regos e plantar as sementes.

ConZENtrate

     Colección de cadernos con actividades para desenvolver habilidades cognitivas e traballar emocións.

 

     Caderno conZENtrate para Educación Infantil  

    

     Caderno conZENtrate para o primeiro ciclo de Educación Primaria

 

 

      Caderno conZENtrate para o segundo ciclo de Educación Primaria

 

      Caderno conZENtrate para o terceiro ciclo de Educación Primaria

 

Calendario Electoral

Calendario Electoral, aprobado pola Xunta Electoral:

 

  • 10-11-22: publicación da convocatoria de eleccións e do censo electoral. Reclamacións do censo ata o 17-11-22.
  • Do 11 ao 18-11-22 prazo de presentación de candidaturas (Impreso para recoller na secretaría. Prégase xuntar fotografía).
  • 21-11-22 sorteo público ás 13:00h para a elección de pais/nais e persoal da administración e servizos para as Mesas Electorais. Proclamación de candidatos/as.
  • Días 22 e 23-11-22 reclamación de candidaturas e citación para as Mesas Electorais.
  • Día 29-11-22 Constitución da Mesa Electoral de nais/pais de  alumnos/as e votacións de 08:35 a 14:30 e de 15:45 a 16:10h.Constitución da Mesa Electoral de PAS e votacións de 16:20 a 16:40h. Constitución da Mesa Electoral de Mestres/as e votacións ás 17:05h.
  • Día 01-12-22 proclamación dos candidatos electos.

 

 

 



by Dr. Radut