Skip to Content

Monthly archive

Seguimos o deporte

Handball GIF | GfycatA Selección Española de balonman xuvenil en Tui.

Top Handball Sport Stickers for Android & iOS | Gfycat

 

A Selección Española de balonmán xuvenil escolleu Tui para continuar a súa preparación de cara ao Campionato do Mundo do vindeiro ano 2023.

A Selección que ven de proclamarse Campiona de Europa estivo esta semana do 10 ao 17 de outubro adestrando no Pavillón Gustavo de Tui.

O alumnado do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui fomos convidados a ver os seus adestramentos. Pero o que máis nos gustou a tod@s foi poder facer fotos cos xogadores e os seus autógrafos.

Aquí vos damos conta do ben que o pasamos e a sorte que tivemos de poder vivir momentos fascinantes coma este.

Moitísimas grazas a toda a Selección Española de balonmán xuvenil.

Aliméntate ben

Fresa comba en Fresas - GIF Animado | REYGIFPlantando Amorodos.▷ Fresas: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

1ºEd. Primaria.

O pasado venres día 2 de decembro, o alumnado de 1º de Educación Primaria, saimos plantar ao bancal do noso nivel, amorodos.

Como xa tiñamos a terra preparada e con plástico, tivemos que facer os buratos, meter a planta e poñerlle terra, para que en breve, gomen ricos amorodos. Agora estaremos pendentes de regar e coidalas. Canso

 

AS LEITUGAS de 5ºA, moito medraron!.

AS LEITUGAS de 5ºA, moito medraron!.

Curso 21-22

As leitugas que no mes de setembro plantaron @s alumn@s de 5ºA, medraron moito durante estes meses. Pronto estarán listas para degustar unhas deliciosas ensaladas. 

Cos bos coidados de este alumnado xa se atopan así de grandes.

A nosa Horta

O alumnado de 2º planta Feixóns e Fabas.

O pasado 4 de marzo o alumnado de 2ºA e 2ºB, transplantou os feixóns e fabas, que medraron nas súas aulas durante o mes de xaneiro. Dende o pasado venres están na horta, onde as van a coidar  con moito agarimo, para recoller unha boa colleita. Moi bo traballo!.

 

Deporte en Tui

XVIII Andaina Tudense Solidaria 2022

sábado 14 de maio o club Andatui celebrará a XIII Andainatudense Solidaria 2022, cita anual para subir e gozar do monte Aloia.

Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada, para recorrer varias rúas de Tui, antes de tomar rumbo cara a senda do Lagartón e chegar á ponte das Febres, despois subiremos polos muiños de Paredes ata o alto do monte Aloia, onde xantaremos arredor da capela de San Xiao. Pola tarde pasaremos ao carón do castro Alto dos Cubos, visita que recomendamos, antes de chegar de novo á praza da Inmaculada onde finalizará a XVIII Andainatudense Solidaria.

En total percorreremos sobre 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. No remate da Andaina Tudense faremos o sorteo de agasallos de costume.

Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitamos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

Datos de interese:

  • Recollida de dorsais: entre as 09:00 e as 10:00 horas na praza da Inmaculada.
  • Xantar: a partir das 14:00 horas arredor da capela de san Xiao.
  • Remate da andaina: aproximadamente ás 18:00 horas.
  • Prezo: 12 euros (inclúe seguro, camiseta conmemorativa, xantar e avitullamentos)
  • As inscricións finalizarán o mércores 11 de maio ás 23:59 horas. Máximo 200 prazas.

Atoparedes máis información na web de Andatui. Pincha sobre o logo e atoparedes máis detalles da proba e da inscripción.

A Nosa Horta

Recollemos Frambuesas da nosa horta.

No mes de maio, as nosas frambueseiras, comezaron a dar froito. Unhas ricas e exquisitas delicias que degustou o noso alumnado.

 

1º

Lecturas Deportivas

Gifs animados de Maletas, animaciones de MaletasA diversión de MartinaSombrero Paja Dama Col.natural Cinta Negra Mod.capelina | MercadoLibre

Sara de 5ºA.

A diversión de Martina " Fin de Curso en el Paraiso" é un libro de aventuras, que Sara de 5ºA e Gabriela de 5ºB, nos propuxeron ler, o xoves día 24 e o mércores 30 de novembro de 2022  . 

Este volumen conta a viaxe dun grupo de amigas, que deciden festexar o seu fin de curso nunha praia, na que lles sudecen multiples aventuras. Está escrito por Martina D'antiochia e publicado pola Editorial Montena.

fin de curso en el paraiso (la diversion de martina 4)-martina d antiochia-9788417460464

Este libro pertence a unha colección máis ampla que podedes atopar na biblioteca, ou en calquera libraría.

Exposición de Coroas de Nadal

Aquí vos deixamos un fermoso vídeo da exposición de coroas de Nadal. Todas elas feitas en familia con materiais de refugallo.
Moitas grazas a todas as familias!
BO NADAL!
 


by Dr. Radut