Skip to Content

Monthly archive

O noso patio

Limpeza do patio

29 de abril de 2022.

O alumnado de 4º, levou a cabo unha limpeza de patio durante o recreo do día 29 de abril, para deixar o máis limpo posible o espacio de xogo e esparcemento.

Grazas por poñer en valor, os obxetivos da sostibilidade no día a día, do noso centro.

Aliméntate ben

4ºA colleitamos Xirasois.▷ Bunga Matahari: Gif Gambar Animasi & Animasi Bergerak - 100% GRATIS!

O curso pasado o alumnado de 3ºA, plantamos xirasois, na horta do colexio.

Hoxe luns 3 de outubro de 2022, que xa somos alumnado de 4ºA fomos a nosa horta ver a nosa colleita. Naceran varios xirasois, que recollemos con ilusión e preparamos para elaborar.

PATRULLAS ECOLÓXICAS

As patrullas ecolóxias de 5º e 4º xa están en marcha. Cada unha coas súas responsabilidades. (preme na foto para máis información)

Tenis de Mesa

Gifs Animados de Ping Pong

Tenis de Mesa 22-23.

Gifs Animados de Ping Pong

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

 30 de novembro de 2022.

 O vindeiro, mércores 30 de novembro, terá lugar a 2ª xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, da presente campaña Deportiva 22-23,  en horario de 16:30h a 19:00h, no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 19:30h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e rotonda igrexa Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo e merenda. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:30h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

A Milla

 

Deporte na Eurocidade

Raid TT Valença

26 de marzo: Motos

30 de abril: Jeeps.

Para os amantes do mundo do motor, esta fin de semana, o 26 de marzo terá lugar en Valença o Raid TT Valença cunha proba de motos e Quads, xa o vindeiro 30 de abril terá lugar a proba de jeeps. Animádevos a gozar de esta fantástica proba na eurocidade Tui-Valença.

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

O vindeiro mércores 25 de maio terá lugar a Xornada Final  da competición escolar de Bádminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. A esta xornada asistirá o alumnado clasificado nas xornadas anteriores, de non poder asistir a esta xornada, sería importante comunícalo a maior brevidade posible para darlle a posibilidade de asistir ao alumnado en reserva.  O autobús sairá ás 16:00h do colexio, pasará por Rafi, e Rotonda. A volta será aproximadamente ás 20:30h. Os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo, merenda e auga. @s nen@s que vaian a Tomiño directamente terán que estar alí ás 16:30h. Se teñen algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Material Escolar

 

 

MATERIAL ESCOLAR ALUMNADO

Para facilitar a vosa organización e  evitar aglomeracións nas librarías os primeiros días de curso, adiantamos as listaxes de material por nivel.

 

Educación Infantil

1º Educación Primaria

2º Educación Primaria

3º Educación Primaria

4º Educación Primaria

5º Educación Primaria

6º Educación Primaria 

 Educación Física

Campo a Través

Campo a Través Zonal 22-23.Gifs de Atletismo

Área Recreativa Ribeira de Caldelas ( Tui)

12 novembro 2022

O Vindeiro Sábado día 12 de novembro de 2022, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións do área Recreativa da Ribeira de Caldelas (Tui). 

 

Pincha aquí para descargar a autorización da proba.

Aliméntate Ben

▷ Fresas: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!Plantando amorodos.Gifs Animados de Fresas

O venres 11 de novembro de  2022, o alumnado de 5ºA e de 3ºB estiveron plantando amorodos, na horta. Así, na zona que medran as framboesas, teremos unha zona de froitos vermellos, no que medrarán exquisitos amorodos tamén.

 

Así quedou a nosa plantación, agora a esperar os seus froitos.



by Dr. Radut