Skip to Content

Monthly archive

Deporte en Tui

Proposta de Actividades

Tyde 

Tempada 22-23

Aliméntate ben

Mr.patata | Memes Amino • Español AminoInauguración do Mercado

"Cintas de cores" do 2.

Confeti en formato GIF - 55 imágenes animadas

Onte mércores día 2 de novembro de 2022, puxemos en marcha o mercado ecolóxico Cintas de Cores do 2, coa axuda das familias colaboradoras con Voz Natura na escola. Elas foron as encargadas de preparar o posto do mercado, preparar os productos ecolóxicos para a venta que procedían da horta da escola o do excedente de algunhas familias que colaboraron.

No posto o alumnado de Educación Infantil ofertaba  patacas, kiwis, noces, remolachas, cabazas, acelgas, plantas de fresa... que venderon a vontade para recaudar fondos para as súas excursións.

Agradecer a todas as persoas que se achegaron ata o posto e mercaron a vontade a súa colleita.

Unha primeira xornada na que case remataron coas existencias. Moitisimas grazas ás familias que están colaborando no mercado, na horta e en todas cantas propostas se fan dende a escola.

Lecturas Deportivas.

Gifs animados - Hablar sin parar - pág.53 - Foro del ...Fútbol 1001 fotos.Mujer futbolista en Jugadores - GIF Animado | REYGIF

Javier Rodríguez 5ºA.

Javier Rodríguez de 5ºA, compartiu con nós o 7 de outubro de 2022, unha das súas lecturas favoritas "Fútbol 1001 fotos". Javier un apaixoado do fútbol, explicounos que neste libro de lectura podedes atopar fotos, resultados, etc... dos mellores mometos da historia de este deporte.

Aquí vos deixamos información de este fantástico, libro que vos pode facer pasar momentos ilusionantes. Preme sobre a foto.

Futbol 1001 Fotos - Vv.aa.

 

Moitas grazas Javi, pola túa recomendación, dende logo unha gran lectura futbolista.

Aliméntate ben

▷ Guisantes: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!4ºA plantou chícharos.guisante-imagen-animada-0027

O alumnado de 4ºA este ano, vai investigar sobre as prantas con fabeca. O día 2 de decembro de 2022, saimos á horta para prantar chícharos, agora imos estar atentos a como medran.

 

Aquí vos deixamos as fotos do plantío. Grazas por actividades saudables coma esta.

Os Grelos de 6º de Educación Infantil xa case están listos para comer

Os Grelos de 6º de Educación Infantil

xa case están listos para comer.

Curso 21-22

O alumnado de 6º de Educación Infantil, plantaron no mes de outubro a semente de grelos para facer receitas saudables. Aquelas sementes foron medrando e agora no mes de xaneiro xa teñen un bonito tamaño.

A nosa Horta

O alumnado de 5º planta millo.

 

O pasado 4 de marzo o alumnado de 5ºA e 5ºB que colabora a diario na horta, plantou millo, que medraron na  aula de 5ºA durante o mes de xaneiro. Dende o pasado venres están na horta, onde esperan que medren boas espigas para facer fariña de millo. Que rico!

Deporte na Escola

 

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

Categoría Alevín

 O vindeiro martes 26 de abril, dará  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo e merenda. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

 

 

A Nosa Horta

 Sacamos malas herba ao  MILLO de 3ºA.

Curso 21-22

O MILLO que plantou a clase de 3ºA, xa está medrando. No mes de maio coidamos del, sacando as malas herbas que saen no medio.

Deporte en Tui

Promoción de Piragüismo.

O pasado martes 20 de setembro o alumnado de 5º desprazouse ata as instalacións do Club Kayak Tudense. Alí gozaron de unha xornada en piragüas na que ademáis de pasámolo moi, moi ben, traballaron o compañerismo, a cohesión etc... Tamén nos convidaron a ir a probar as súas clases de kaiak polas tardes.

Moitas grazas a Buzo e a Matias por aportarnos tanto.



by Dr. Radut