Aliméntate ben

Mr.patata | Memes Amino • Español AminoInauguración do Mercado

"Cintas de cores" do 2.

Confeti en formato GIF - 55 imágenes animadas

Onte mércores día 2 de novembro de 2022, puxemos en marcha o mercado ecolóxico Cintas de Cores do 2, coa axuda das familias colaboradoras con Voz Natura na escola. Elas foron as encargadas de preparar o posto do mercado, preparar os productos ecolóxicos para a venta que procedían da horta da escola o do excedente de algunhas familias que colaboraron.

No posto o alumnado de Educación Infantil ofertaba  patacas, kiwis, noces, remolachas, cabazas, acelgas, plantas de fresa... que venderon a vontade para recaudar fondos para as súas excursións.

Agradecer a todas as persoas que se achegaron ata o posto e mercaron a vontade a súa colleita.

Unha primeira xornada na que case remataron coas existencias. Moitisimas grazas ás familias que están colaborando no mercado, na horta e en todas cantas propostas se fan dende a escola.