novas

DÍA MUNDIAL DA AUGA

DÍA MUNDIAL DA AUGA

 

Está semana con motivo do día mundial da auga os alumnos de 3⁰ e 4⁰ de primaria foron convidados a unha actividade didáctica no edificio da Área panorámica de Tui.
Coñeceron a través de xogos a importancia da auga e como facer un uso responsable dela, dando resposta ao ODS 6: Auga limpa e saneamento.

Lembraron o ciclo da auga e os pasos que se levan a cabo nunha grande depuradora.

Remataron cantando o rap da auga acompañados pola concelleira de Cultura e o xerente do Consorcio, entre outros, déronlle un pequeno agasallo que levaron para á casa.
A actividade estivo organizada polo Consorcio do Louro coa colaboración do concello de Tui.

Tamén os convidaron a participar no concurso de debuxo infantil que convoca o Consorcio do Louro e Aqualia, co lema “ Misión Sostible: Acción salvar o planeta.

 

 
 

 

ECOSISTEMAS NAS AULAS

PROXECTO ECOSISTEMAS NAS AULAS

 

Os alumnxs de 5º de primaria visitaron a ecohorta para buscar e aprender sobre a biodiversidade de bichos que viven nela. Atoparon bastantes tipos de insectos, vermes, caracois, lombrigas...

Decidiron investigar sobre tres deles.

CARACOIS

LOMBRIGAS

ESCARABELLOS

Para poder observalos máis a fondo crearon ecosistemas nas aulas e para elo precisaron: unha botella, terra mollada, plantas e animais.

Cada día foron observando os seus movementos, alimentación... e foron anotando os cambios que ían levando a cabo segundo a reacción dos animais, coma botar auga por se a terra está moi seca, ou facer máis buratos nas botellas por se non tivese o suficiente osíxeno.

Despois de dúas semanas de observación, puxéronos en liberdade, deixáronos todos de novo na horta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DA HORTA AO PRATO

POSTA A PUNTO DA HORTA

 

O pasado mércores día 13 de marzo o alumnado de 6ºA estivo traballando na horta, cacaron malas herbas aos cultivos e descubriron a biodiversidade  que vive entre as fresas, leitugas, herbas aromáticas, allos porros, remolachas, grelos e frambuesas. 

 

 

 

 

A MILLA. BIODIVERSIDADE ARBÓREA

A MILLA

Biodiversidade arbórea da contorna.

 

O noso alumnado está a realizar millas a diario no patio do cole. O obxectivo é percorrer moitas millas e lograr a colección de medallas dos ODS que están elaboradas coa madeira de diferentes tipos árbores típicas da zona. Deste xeito coñecen a biodiversidade arbórea da contorna e as súas propiedades, os distintos ODS, ao tempo que fan deporte. 

Cada mes reciben unha carta da mascota da biblioteca, "Bit", que os invita a percorrer as millas para ir conseguindo as medallas de todos os ODS. Ademáis, cada mes propón que se investigue sobre un tipo de árbore diferente, xa que as medallas van feitas desas madeiras. 

Neste mes de febreiro conseguiron as medallas dos ODS 8 E 9, que están elaboradas con madeira de piñeiro.

Estas son as árbores que levamos coñecito ata o mes de marzo:

  • En novembro foi o eucalipto. Medallas para presentar os ODS 1 e 2  feitas de madeira de  eucalipto. 
  • En decembro foi o castaño. Medallas para presentar os ODS 3,4 e 5 feitas de madeira de   castaño.
  • En xaneiro foi o loureiroMedallas para presentar os ODS 6 e 7 feitas de madeira de   loureiro.
  • En febreiro foi a sobreiraMedallas para presentar os ODS 8 e 9 feitas de madeira de   sobreira.
  • En marzo foi o piñeiroMedallas para presentar os ODS 10 e 11 feitas de madeira de   piñeiro.

 

 

Ademáis da carta con información sobre a árbore, cada clase recibe as follas de rexistro mensual, nelas recollen as  millas que fan cada día. 

No panel do corredor central, vanse  rexistrando as millas de cada clase e as medallas que cada clase consigue.

 

Pekerecicla

PEKERECICLA

Curso 23-24

Esta semana o alumnado de infantil  tivo outra actividade do programa "Ponte a Zero" do CEIDA.

Con esta actividade  educamos e sensibilizamos sobre a redución e boa xestión dos residuos urbanos, apoiando o ODS 12: Produción e consumo responsable, tamén chamado, o obxectivo da receclaxe. 

Pekerecicla  é unha proposta dirixida aos máis cativos que  educa na reciclaxe, onde a través dunha historia e varias actividades os alumnxs van completando as diferentes etapas da vida e transformación dos residuos urbanos e domésticos, para a súa correcta reciclaxe e recordando a importancia dos tres "R": Recicla, Reutilizar e Reducir.

 

CHARLA BOSQUE ATLÁNTICO

 

CHARLA SOBRE O BOSQUE ATLÁNTICO

Curso 23-24

O pasado  mércores 6 de marzo, tivo lugar unha charla formativa sobre o Bosque Atlántico e a súa biodiversidade para o alumnado de 6ºEP. Dando resposta aos ODS 4: Educación de calidade, ao ODS 13: Acción polo clima e o ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres. 

Coñecemos un pouco máis as súas características, a flora propia deste bioma e recoñecimos algunhas das variedades na nosa contorna.

Moi interesante! Desexando por en práctica o aprendido. Gazas ao concello de Tui por facelo posible.

 

O xogo ga miñoca

O XOGO DA MIÑOCA
 
Actividades do CEIDA
 
 
 
Hoxe os cativxs de 1⁰B tiveron unha das actividades do programa " Ponte a Zero" desenvolvido polo centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia ( CEIDA), coa fin de educar e sensibilizar sobre a redución e boa xestión dos resíduos urbanos, apoiando os ODS 12 " Produción e consumo responsable" , tamén  chamado o  obxectivo da reciclaxe.
Reciclar conleva aforrar materias primas, enerxía, auga e reducir as emisions de gases do efecto invernadoiro.
 
 
"O Xogo da miñoca"
 
gusano-imagen-animada-0030
 
 
A modo de xogo foron reforzando os  seus coñecementos sobre a reciclaxe, clasificaron  resíduos e sensibilizáronse cos beneficios que ten Reducir, Reciclar e Reutilizar ♻️para o  medio ambiente. Tamén aprenderon a importancia que ten a biodiversidade que vive  no composteiro, coma as miñocas ou os bechos bola, que  airean o compost e fan que sexa de calidade.
Nás próximas semanas tocaralle  a 1⁰A facer a actividades.
 

CAMPAÑA AFORRO DE AUGA E ENERXÍA

 

VISITA DOS ENXEÑEIROS

"CAMPAÑA AFORRO AUGA E ENERXÍA"

Curso 23-24

Este venres tivo lugar a campaña de aforro de auga e enerxía, dando resposta ao 0DS 6: Auga limpa e saneamento e ODS 7: Enerxía asequible e non contaminante.

Foi unha visita moi interesante da man de Alejandro Pardo, enxeñeiro de enerxías renovables, Manuel abeledo, enxeñeiro de enerxías e Omar Lomba, mestre de EP, estes dous últimos antigos alumnos do noso colexio. Con eles aprendemos  e incluso poidemos experimentar, moitas grazas por xerarnos entusiasmo pola importancia da auga e da enerxía non contaminante.

Ao rematar o taller o alumnano de 6º de EI entregounos un decálogo de aforro de auga elaborado por eles.

o alumnado de 3ºEP achegounos normas de aforro de enerxía na escola e na casa. Agora toca poñelas en práctica.

Excelente campaña dos nosos alumnos, noraboa!

 

 

 

 

 

 

 

 

CAMPAÑA AFORRO DE AUGA E ENERXÍA

 

CAMPAÑA AFORRO AUGA E ENERXÍA

Curso 23-24

Este venres 26 de xaneiro teremos unha campaña de aforro en auga e enerxía para todo o alumnado, organizada polas clases de 6ºEI e 3ºA EP, que son os encargados das ODS 6 E 7 do mes de xaneiro.

Os relatores das actividades serán:

  • Alejandro Pardo enxeñeiro de enerxías renovables
  • Manuel Abeledo enxeñeiro de enerxías
  • Omar Lomba, mestre de EP

Todos eles antiguos alumnos do noso colexio.

 

 

 

 

 

 

 

SEMENTEIROS DE 4º DE PRIMARIA

SEMENTEIROS DE 4º

Curso 23-24

Os nenxs de 4º están coidando moi ben da súa plantación. En pouco tempo tocará transplantar na horta todas as legumes.

Colocaron a plantación preto dunha fiestra na que da o Sol pola mañá e un encargado de cada aula revisa a terra cada día, e se precisa auga, rega.

Bo traballo!

 

 

VISITA DE SARA, A MESTRA COMPOSTEIRA DO CONCELLO

VISITA DE SARA, A MESTRA COMPOSTEIRA DO CONCELLO

 

Este curso voltamos a ter a visita de Sara, a mestra composteira do concello, que nos axuda nas dúbidas que nos xorden no proceso de compostaxe.

Sara comprobou que a temperatura do composteiro é a axeitada e que ten unha boa mestura de materia orgánica e estruturante, mantendo unha boa humidade para o bo funcionamento da biodiversidade, que é a encargada de transformar a os restos das nosas merendas nun bo compost que logo empregaremos na nosa eco-horta.

Moitas grazas Sara!!

 

 

PLANTACIÓN DE 1º XIRASOIS, TOMATES E PEMENTOS.

 

PLANTAMOS XIRASOIS, TOMATES E PEMENTOS

Curso 23-24

 Os alumnxs de primeiro plantaron hoxe coa axuda da profe Bea e dos alumnos de quinto.

Dan un pasiño máis na súa invertigación e sementan xirasois, tomates e pementos.  A súa minihorta de interior xa comeza a ter vida.

Agora toca coidalas día a día e darlle moito agarimo.

 

 

INVESTIGANDO A MINI-HORTA DE 1º

ANALIZANDO AS NECESIDADES DAS PLANTAS

Curso 23-24

Os exploradores e exploradoras de primeiro están analizando todo o que precisan as plantas para vivir na súa minihorta.

Precisarán auga?, azúcre?, luz?...

Pouco a pouco irán investigando e recollendo toda a información, con ela farán unhas guías  que lle axudarán a coidar das hortalizas e plantas que sementen.

ECO-RETO FEBREIRO

ECO-RETO

curso 23-24

Xa temos listo o noso eco-reto de febreiro, AFORRAMOS. Como cada mes expomos os eco-retos no recuncho de Voz Natura para que o poida ver toda a comunidade educativa.

Con este reto, animámosvos a facer algunha actividade relacionada con:

-Aforro de enerxía.

-Andar en bici e utilizar menos os coches.

-Aforrar enerxía lumínica e aproveitar a luz solar.

-Promover o consumo de enerxías renovables.

-Desenchufar os electrodomésticos sin uso.

-Aforro de auga pechando os grifos.

-Consumir máis verduras e productos agro sustentables.

-Asumir as tres erres ecolóxicas:Reducir, Reutilizar e Reciclar.

-Actuar de forma responsable na natureza...

 

Aliméntate ben

Aliméntate ben! | CEIP Raquel CamachoOs sementeiros do alumnado de 4º,5º e 6º.

Peregrino Nos vemos Árbol de tochi regadera gif fuegos artificiales  Despertar mi

 

O pasado mércores, día 21 de febreiro de 2024, o alumnado 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, comprobaron como creceran no interior da escola, as sementes que plantaron fai tres semanas. Aquí vos damos conta do grandes que están. En poucos días teremos que sacalas á horta da escola.


Distribuir contido