Skip to Content

Club de ciencias

BIODIVERSIDADE DAS AVES

BIODIVERSIDADE DAS AVES

Club de ciencias

 

No club de ciencias seguimos coa elaboración dos murais coa información máis relevante da diversidade de aves da contorna.

Dende o patio podemos ver cada día varios niños. Na primavera comezan a preparar todo para recibir ás súas crias.

Agora moito máis motivados ao ter a madeira para a elaboración das caixas nido.

 
 

 

 

 

 

CLUB DE CIENCIAS

CLUB DE CIENCIAS

Biodiversidade

Curso 23-24

 

Neste trimestre no club de ciencias estamos a estudar a biodiversidade de aves que temos na contorna.

Buscamos información na rede ademáis de preguntar as bibliotecas vivas como son os nosos maiores. 

Interésanos moito saber qué tipos de aves nos visitan dependendo da época do ano, asi como o momento no que crían, entre outras moitas cousas.

Faremos unha cartelería informativa para o cole con toda a información que atopemos.

Traballamos neste caso o ODS 15, Vida de ecosistemas terrestres, fomentando o coidado da flora e fauna.

 

 

 

 

 

 

 

CLUB DE CIENCIAS

CLUB DE CIENCIAS

VISITA DE CÉSAR "ACEITES ESENCIAIS"

No club de ciencias tivemos  unha visita moi especial. O papá de Izan deunos unha charla práctica moi interesante sobre aceites e esencias.

Contounos todos os segredos para elaborar uns bos aceites naturais e explicounos as propiedades e usos de cada un deles.

Aprendemos moito sobre o aceite de romeu, eucalipto, laranxa, menta, lavanda e loureiro, entre outros.

Agora xa estamos listos para elaboralos nós mesmos.

Moitas grazas César polo teu tempo e os teus coñecementos. 

 

 

CLUB DE CIENCIAS

CLUB DE CIENCIAS

RECOLLEMOS PLANTAS AROMÁTICAS

Curso 23-24

Ciencia rara

 

No club de ciencias visitamos a horta e recollemos algunhas das plantas aromáticas que plantamos xa hai dous cursos, lavanda e menta. Con elas imos preparar aceites e esencias.

Atopámonos coa biodiversidade propia da horta, caracois, arañas, ourugas e ata unha abella que a temos no laboratorio para investigar a fondo as súas características.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut