CLUB DE CIENCIAS

CLUB DE CIENCIAS

VISITA DE CÉSAR "ACEITES ESENCIAIS"

No club de ciencias tivemos  unha visita moi especial. O papá de Izan deunos unha charla práctica moi interesante sobre aceites e esencias.

Contounos todos os segredos para elaborar uns bos aceites naturais e explicounos as propiedades e usos de cada un deles.

Aprendemos moito sobre o aceite de romeu, eucalipto, laranxa, menta, lavanda e loureiro, entre outros.

Agora xa estamos listos para elaboralos nós mesmos.

Moitas grazas César polo teu tempo e os teus coñecementos.