Skip to Content

Monthly archive

programando polo mundo

PAC-MAN Sorriso

Na nosa clase estamos facendo videoxogos coa aplicación para PC de videoxogos Mblock.

Un dos xogos que fixemos foi unha réplica do PAC-MAN.

O obxetivo do xogo é que pac-man se coma todos os puntiños de comida do laberinto.

As persoaxes que aparecen no xogo son os seguintes:

·Pantasma azul.

·Pantasma amarelo.

·Pantasma vermello.

·Pantasma rosa.

·PAC-MAN.

Esperamos que sexa tan divertido xogalo como foi para nos crealo!

 

Redacción: Nicolás.

 

 

 

 

 

Os nenos de 4 Anos plantamos leitugas na Horta de Lúa.

Os nenos e as nenas de 4 Anos plantamos leitugas na Horta de Lúa.

Coa chegada do mes de febreiro, a subida das temperaturas e o bo tempo, @s nen@s de 4 anos fomos á Horta de Lúa. Alí estivemos plantando leitugas, que esperamos que medren antes de que cheguen as vacacións de verán. Con elas intentaremos facer unhas ensaladas deliciosas e moi saudables.

Iniciación ao Mindfulness Formación para o profesorado Promovendo un estilo de vida san e saudable. Martes 26-03-19

Iniciación ao Mindfulness.

Formación para o profesorado.

"Promovendo un estilo de vida san e saudable!"

Martes 26-03-19

O pasado martes 26 de marzo de 2019, o profesorado do centro tivo a oportunidade de desfrutar con Pilar Durán Otero, mestra de Educación Primaria no C.E.I.P Guillarei e monitora de Mindfulness, dunha xornada de iniciación a un estilo de vida san e feliz, tan como indica o proxecto Erasmus+ que estamos a levar a cabo no centro.

Nesta formación explicounos en que consiste o Mindfulness, incidiu na importancia de incorporalo á vida do centro educativo, e os beneficios que orixina a súa práctica no día a día nas nosas vidas.

A relaxación, a tranquilidade, aprender a coñecernos mellor, recoñecer o noso estado de ánimo, as nosas emocións e saber xestionalas, son fundamentais para @s nen@s e para nós mesmos, nesta sociedade actual, tan innovadora, diversa, tecnolóxica... pero moitas veces estresante.

 

   
   

Experimentamos Mindfulnes na aula; aquí vós deixamos algunhas fotos de canto desfrutaron os nenos e as nenas e se implicaron na actividade.

 

Seguimos o Deporte. Trofeo Choles de Tiro

Trofeo Choles de Tiro

4 maio de 2019

O pasado 4 de maio tivo lugar o Trofeo Choles de Tiro, no que participou Angel José de 4ºB.

Na competición de aire comprimido A. J. foi quen de facerse co triunfo e foi campión na súa categoría.

Na competición IPSC Junior foi capaz de ser subcampión, participando nunha categoría máis alta á que lle correspondía por idade.

Aquí vos deixamos as fotos das súas medallas e trofeos presentados con ilusión aos seus compañeiros de clase.

Noraboa A.J.

Promoción de Judo/Promoting Judo

Promoción de Judo

O pasado xoves 12 de setembro estiveron con nós David e Carmen do Club Judo Tui. Eles contáronnos cousas moi interesantes sobre o Judo, o importante que é para a concentración, para fomentar o compañeirismo, para o respecto...e ademáis pasámolo moi, moi ben. Tamén nos convidaron a ir no mes de setembro a probar as súas clases polas tardes, de xeito gratuito.

Moitas grazas Carmen e David por aportarnos tanto.

 

      Promoting  Judo

On Tuesdays, September 12th, David and Carmen from Judo Tui Club were with us.They told us very interesting things about Judo, how important it is for concentration, companionship, for respect ....We were also invited to go and try on Setember for free.

Thank you very much Carmen and David for providing us so much.

   
   
   

Deporte en Tui: Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Infantil do clube Balonmán de Tui segue a xogar a  liga da temporada 19/20 da competición. O pasado 27 de outubro de 2019, os/as nosos/as deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo de Salceda.

Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Lía e Yesica.

 

Moi bo partido, onde o resultado non foi favorable. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA. Grazas.

Erasmus+: Aniversarios Saudables

Aniversarios Saudables

 Educación Infantil.

O alumnado de 3 anos do noso colexio está a levar a cabo a celebración dos aniversarios dunha maneira moi especial. Este ano celébranse de xeito saudable. Para isto, as familias veñen a escola e no restaurante de Lúa, axudan a preparar a festa cun menú riquísimo.

 

Moitas grazas a todas as familias polo esforzo e pola axuda para facer realidade a ilusión dos máis cativos.

 

 Healthy birthdays in Preprimary Education

Students from the 1st cicle of preprimary education are celebrating their birthdays in a very special way this year “Superhealthy birthdays”. Families come to our schools, in Lua´s restaurant, to help teachers and pupils to prepare a great party with the best snacks ever.

Thank all the families for the help and effort.

Evento Conxunto de Formación do Profesorado Erasmus + 18-20 "Promover estilos de vida felices e saudables" Armagh Luns 21 de Xaneiro 19- Venres 25 de Xaneiro 19

Evento Conxunto de Formación do Profesorado

Erasmus + 18-20

"Promover estilos de vida felices e saudables"

Armagh

Lunes 21 de Xaneiro 19- Viernes 25 de Xaneiro 19

Durante a semana do 21 ao 25 de xaneiro de 2019, varios mestres do C.E.I.P Plurilingüe Nº2 de Tui, participan no “Evento Conxunto de Formación do Profesorado”, no Colexio Christian Brothers Primary School de Armagh en Irlanda do Norte. Dito evento está incluido dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro “Promovendo estilos de vida felices e saudables.

Os docentes participantes neste evento pertencen as escolas asociadas no proxecto:

·         Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto. 
·         Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia). 
·         CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
·         Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda)  
·         Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal). 
   

Na xornada do martes 22 de xaneiro de 2019, o profesorado tivo unha xornada de formación nun deporte típico de Irlanda: tomaron contacto co Fútbol Irlandés ou Fútbol Gaélico para ensinarllo aos nenos do colexio de Armagh e tamén aos nen@s do noso centro.

 

Na xornada do mércores 23 de xaneiro, visitaron a escola de Armagh, para coñecer o seu sistema educativo, as aulas, o alumnado, etc. Despois participaron nunha asemblea con todo o alumnado do centro na que se proyectaron os vídeos de deportes típicos de cada país socio do proxecto e tamén unha pequena exhibición de música e baile irlandés.

   

 

Finalmente, na xornada do xoves 24 de xaneiro e para rematar a estadía en Armagh, a formación xirou arredor do desenvolvemento do proxecto, formación en Erasmus+, plataformas eTwinning, etc.

 

Unha experiencia que tal como nos transmitían os compañeiros desprazados a Armagh, é moi enriquecedora e  totalmente recomendable.

 

Ariana Grande publica un novo disco: <<Thank U, Next >>

Ariana Grande dispara o seu novo traballo chamado: <<Thank U, Next >>.

A famosa cantante e actriz di que lle alegra o seu novo disco e que pode pode axudala a sacar adiante a súa carreira como cantante. “Thank u, next” é un disco urbano. Ariana achégase ao hip-hop, e mesmo se atreve a revolucionar a súa imaxe, a lanzar versos e a meterse de cheo en bases de trap. Pero, todo isto o fai adaptándoo aos estilos que teñen consolidado a súa carreira ata agora. 

Na seguinte ligazón poderedes escotar o seu single e ver o videoclip:

https://www.youtube.com/watch?v=gl1aHhXnN1k



by Dr. Radut