Skip to Content

Monthly archive

CALENDARIO BÁDMINTON. AUTORIZACIÓNS

DEPORTE ESCOLAR.

Competición de Bádminton 

Curso 18-19

 

O Vindeiro martes día 22 de  Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada Alevín, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 5º e 6º. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:30h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro venres día  18 de Xaneiro. As próximas xornadas serán o martes día 5 de febreiro e a xornada final o Mércores 20 de Febreiro. Aquí podedes descargar a folla de inscripción Alevín.

O Vindeiro martes día 29 de  Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada Benxamín e Infantil, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 3º,4º e repetidores de 6º. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:30h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro venres día  18 de Xaneiro. As próximas xornadas serán o martes día 5 de febreiro e a xornada final o Mércores 20 de Febreiro. Aquí podedes descargar a folla de inscripción Benxamín e Infantil

Aquí podedes descargar o calendario de competición.

Entroido

Próximamente...

actividade de rap 5ºa,5ºb e 5c.

 

En 5ºc,5ºb e en 5ºa, están organizando unha actividade de rap ,por agora están preparando as

estrofas cunha canción que proximamente saberedes, ou non. Estanno pasando xenial, e

dentro de pouco van programar uns robots chamados m.bots.

 

Proximamente ...

 

Proximamente tres clases se enfrontarán coas súas rimas o seu flow e cos m.bots. Cuxo nome das clases son: 5c,5b e 5ºa.

 

Fecha do principio do rap:

 

O rap creouse na clase de 5c na materia de lingua galega, o pasado mes de decembro de 2018.

 

Como se creo?

 

O rap creouse cando leiamos a lírica,a prosa,o verso e textos literarios, o profe quería enfocalo doutra forma e como non, en forma de rap.

 

Como funcionará?

 

Pondremos o vídeo do rap connosco cantando, e mentres soe a música os m.bots bailaran ao ritmo do rap.

 

Redacción: Manuel e Carlos

 

 

 

Carreira Popular de San Telmo 19 Sábado 27 de Abril 2019 ( Tui )

Carreira Popular de San Telmo 19

Sábado 27 de Abril 2019 (Tui )

      O Vindeiro Sábado de San Telmo, día  27  de Abril de 2019, a partires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2019.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adultos e adultas que queiran participar. Esta proba está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui, e gustaríanos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer a notiña que adxuntamos, asinada antes do vindeiro Venres día 12 de Abril. Xa que a vindeira semana enviarémoslles as notas co horario, despois ímonos de vacacións e quedaremos para o día da proba.

Aquí podedes descargar a folla de Inscripción. Animádevos a participar.

Cociñando cos productos da nosa horta

Cociñando cos productos da nosa horta

Tras a recolectas dos nosos brócolis da horta, as clases de primeiro decidimos facer unhas recetas saudables para a merenda.

A clase de 1ºA preperamos unas deliciosas muffins de ovo e brécol e a clase de 1ºB preparamos duas deliciosas quiches, una con carne e outra vexetariana.

Pasámolo xenial e demostramos ser uns grandiosos chefs. Ademais, a quiche quedounos boísima.

 

After picking up the broccoli that we have planted in our garden, first grade decided to cook some healthy recipes and eat them in our break.

First grade A prepared some delicious muffins with egg and broccoli; First grade B cooked two fabulous quiche, one vegetarian and the other one with some meat.

We had a great time and we proved to be magnificent chefs. Furthermore, the quiche and the muffins were delicious.

DÍA DE ROSALÍA 2019

Co gallo da celebración do aniversario do nacemento de Rosalía, o 24 de febreiro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou, entre todo o alumnado do centro, un CONCURSO DE CARICATURAS da célebre autora.

Establecéronse as bases para poder participar e seleccionouse, nunha primeira fase, unha única caricatura por nivel. Rematada esta selección, elexiuse, de entre todas elas, a máis representativa como caricatura e realizouse unha estampación en pegatinas con esta imaxe para repartir entre todo o alumnado participante.

As caricaturas seleccionadas estiveron expostas no taboleiro da entrada do cole para disfrute de toda a comunidade educativa e agasallouse aos gañadores cun fantástico lote con material artístico como mostra de agradecemento.

A calidade artística dos nosos alumnos é innegable e aquí vos deixamos unha pequena mostra. Esperamos que vos gusten tanto como a nós.

 

            

 

           

 

 

Dinamización Intercentros CEIP Nº2 de Tui-CEP Pedro Caselles de Tomiño

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui

Curso 19-20

Venres  día 8 de Novembro de 2019

 O pasado venres día 8 de Novembro de 2019, tivo lugar no pavillón vello de Tui, a 1ª Xornada de Dinamización Intercentros entre o Ceip Nº2 de Tui e o Cep Pedro Caselles de Tomiño.

A xornada levouse a cabo de 10:00 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 5ºA e 3ºA.

Aquí vos deixamos as fotos dos bos momentos vividos e xogados cos amigos do Cep Pedro Caselles.

 Grazas por facer posible unha xornada onde disfrutamos e pasámolo moi ben xogando a: Minibalonmán, Minibaloncesto, Minivolei, Bádminton e Fútbol-sala.

 

 

On Tuesday November 8th, CEIP Nº2 and CEP Pedro  Caselles played together several sports in the “1st Intercentres meeting”.

Here are some pictures of the great moments that students from 5th grade A and 3rd grade A spent with Pedro Caselles’ colleagues.

 

Proba de Campo a Través Zonal 19

Proba de Campo a Través Zonal

 19-20.

Sábado 23 Nov 2019

          O pasado sábado día 23 de novembro, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Tomiño, nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participou co alumnado de 2º a 6º.

Na categoría Benxamín Feminino o equipo do Ceip Nº2 de Tui foi: Subcampión.

Na categoría Benxamín masculino o equipo do Ceip Nº2 de Tui foi: Sexto clasificado.

Na categoría Infantil Feminino o equipo do Ceip Nº2 de Tui foi: Terceiro clasificado.

Atoparedes máis fotos, o vídeo da proba e as clasificacións se pinchades en Agrudebam.

Noraboa boa a tod@s participantes, grazas a todas as familias dos mesmos e a todo o profesorado e persoas que coa súa axuda fixeron posible que esta proba se levara a cabo: O profe Ramiro, á profe Lucía, á profe Sara, á profe Lorena, a Suso e por suposto a todo o equipo de Deporte no 2. Apertas a tod@s.

 

 

Cross Country race

On Tuesday 23rd, a cross country race, organised by Agrupación Deportiva Baixo Miño, took place in CEP Pedro Caselles in Tomiño. 2nd, 3rd, 4th,  5th and 6th grade CEIP Nº2 students participated in this event.

Female Benjamin’s category: CEIP Nº2 was runner-up.

Male Benjamin’s category: CEIP Nº2 was 6th ranked.

Male children’s category: CEIP Nº2 was 3rd ranked.

You can find more pictures and information in Agrdebam page.

Congratulations to all participants and thanks to all the families and teachers that helped to make possible this event.

 

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Goián

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Goián

Curso 18-19

venres  día 18 de xaneiro de 2019

O pasado venres día 18  de xaneiro de 2019 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a 3ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Goián. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 4ºC e 6ºB. Aquí vos deixamos as fotos dos bos momentos vividos e xogados cos amigos/as do Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián. Grazas por facer posible unha xornada onde todos e todas o pasamos moi ben xogando a minibalonmán, minibaloncesto, minivoleibol, bádminton e fútbol-sala.

 

Día da Paz Erasmus+

Día da Paz Erasmus+

30 xaneiro2019

Con motivo do día da Paz que se celebra o día 30 de Xaneiro, o alumnado de relixión do centro elaborou receitas de paz para compartir coas escolas compañeiras no proxecto Erasmus+ coas que estamos traballando no centro este ano. Grazas por esta mostra de receitas que nos achegan a acadar un mundo mellor.



by Dr. Radut